O Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra pon este verán en marcha unha vez mais o produto baixo o nome de “ViñoBus”.
Trátase de excursións de medio día que permitirán ao visitante saborear a Ribeira Sacra en todas as súas facetas, patrimonio, paisaxe, gastronomía,… etc…
Consiste en oito rutas nas que se inclúe unha serie de itinerarios guiados en autocar nos que o turista acompañado por un guía poderá visitar bodegas incluíndo catas comentadas, degustación de viños e outros produtos tradicionais.
Funcionarán os fins de semana durante o mes de xullo, agosto e o primeiro fin de semana de setembro con rutas dende Ourense e dende Lugo.
Información e reservas: 606 428 286
[Mais información sobre o ViñoBus]
Baixo o nome “Ribeira Sacra, Pura Inspiración” recolles a elaboración dun dvd ilustrativo promocional da Ribeira Sacra feito polo PDT e recollendo o máis significativo e representativo a nivel turístico dos concellos que conforman o Plan de Dinamización da Ribeira Sacra.
Unha presentación formada por secuencias de imaxes onde se mistura o paisaxe, o arte, a gastronomía, o viño, a artesanía, a cultura, historia ...Vinte concellos de maior atractivo turístico de Europa, unha pequena presentación do que se encontrará o visitante nesta terra.
Acceso o Video >>>
O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra entregou o día 30 de xuño de 2008 no Auditorio Municipal de Escairón (O Saviñao) os distintivos de calidade aos establecementos que seguiron o curso do Modelo de Aproximación de Calidade Turística (MACT) durante o último ano.
Tanto Beatriz Martínez, xerente do Consorcio Turístico como o presidente do Consorcio Juan Carlos Armesto destacaron o elevado número de establecementos adheridos o programa e que renovan ano a ano e a importancia deste na mellora da calidade e a atención para cos clientes.
Durante estas xornadas desenroláronse unha serie de produtos turísticos específicos para cada subsector que se comercializarán en la nova temporada estival. Así os Restaurantes ofrecerán “Os Sabores da Ribeira”, Artesáns “Tradición da Ribeira”, Empresas de Turismo “Disfruta da Ribeira” e as adegas ofrecerán degustacións cunha ficha da cata dos viños baixo a campaña “Viños da Ribeira”.
Tamén destaca o aumento das adegas incorporadas o programa e o traballo que fai o consorcio neste senso con produtos como o “Viñobús”.
[Listado de empresas MACT 2008 >>>]
En la Sala de Exposiciones de la Casa de la Cultura de Monforte de Lemos se podrá ver entre el 1 y el 10 de julio de 2008 la exposición del pintor lucense Miguel González Franco titulada “Mirando al Mar”. Aunque nacido en la capital de la provincia, la vinculación del pintor con la ciudad de Monforte es muy fuerte ya desde la época de sus estudios de bachillerato en el Colegio de los Escolapios durante los que practicó con asiduidad el carbón y la plumilla. Él mismo señala que su afición a la pintura nació en la ciudad monfortina. Posteriormente, se inició en la acuarela y en la pintura al óleo.
Miguel González Franco vuelve con esta exposición a Monforte con sus temas habituales de flores, paisajes y también temática marina.
O sábado día 5 de xullo de 2008 a partir das doce da noite celebrarase no polígono industrial de Quiroga o festival de música electrónica “Summer Festival” no que actuarán animando pinchando música Eme DJ e DJ Dávila.
O festival ao aire libre esta organizado polo departamento de xuventude do Concello de Quiroga.
Galicia Biodiversidade é unha exposición realizada pola Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ca que se preténdese que todos coñezamos a diversidade de ecosistemas, de especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia, que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia e necesidade de conservar o noso tesouro natural, e que desenvolvamos comportamentos positivos para a conservación das especies e dos súas hábitats.
A exposición Galicia, Biodiversidade poderá ser visitada na Oficina de Turismo, situada no pobo de Castro do 3 ao 6 de xullo do 2008 de 11 a 14 h. e de 17 a 19 h.
Dentro das propostas da Asociación Lugosur por dar a coñecer a Ribeira Sacra ponse en funcionamento a campaña "Cómete o viño" na que participan un total de 17 establecementos, entre restaurantes e casas de turismo rural que prestan servizos de restauración na Ribeira Sacra e na Serra do Caurel.
Devanditos establecementos incluirán dentro da súa oferta gastronómica pratos elaborados a partir de produtos de caza, tanto maior como menor: corzo, xabaril, perdiz, coello, pato,...etc.. Nestes pratos o viño da Ribeira Sacra será un dos ingredientes fundamentais.
Os establecementos participantes son Arume, Mogay, Pazo O Piñeiro, Restaurante A Laxa, Casa A Bouza, Casa Caselo, Casa Ferreiro, Casa da Aira, Bodegón Ribeira Sacra, Restaurante O Grelo, Casa Reboiro, Parador de Monforte, Rectoral de Castillón, Casa A Salanova, Posada Torre de Vilariño, A Cantina de Doade, y Restaurante Castelo e esta promoción funcionará ata o dous de febreiro.
[Folleto Comete o viño]