
É un dos eventos turísticos máis importantes do mundo e nesta edición deixou constancia da situación actual que vivimos, na que os presupostos víronse recortados notablemente.
Non obstante, Galicia aposta polo turismo como motor da economía e mantivo unha presenza destacada no recinto feiral. O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co seu propio espazo no posto contactou con almacenistas importantes e empresas de publicidade buscando a forma máis enxeñosa de dar continuidade ao crecemento da zona como destino turístico, partindo de escasos recursos económicos.

Mañá día 18 de xaneiro arranca unha nova edición de FITUR na capital española e, unha vez máis, Ribeira Sacra contará cun destacado espazo no posto de Galicia. O deseño deste é todo un segredo, mañá sairemos de dúbidas e dende alí contarémolo.

Publicamos horarios dos puntos de información turística que permanecen abertos a día de hoxe.
(O Consorcio de Turismo non se responsabiliza dos cambios que dende cada concello puidesen facer sobre os horarios sen ser comunicados).
[OFICINAS DE TURISMO DE RIBEIRA SACRA ABERTAS A 07/11/2011]