Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Descargas

MAPA DA RIBEIRA SACRA

Miniatura mapaO mapa xeográfico da Ribeira Sacra cos principais puntos de interese turístico editado polo Plan de Dinamización da Ribeira Sacra.

Nel atoparas toda a información precisa para planificar a túa viaxe así como os lugares mais destacados.

Mapa da Ribeira Sacra >>>

MAPA ABREVIADO RIBEIRA SACRA

Miniatura Mapa abreviadoUnha versión simplificada na que aparecen as principais vías de acceso así como os lugares mais significativos.

En tamaño A4 e en formato Pdf para a sua fácil impresión.





Mapa Abreviado Ribeira Sacra >>>

TRÍPTICO MIRADORES DE RIBEIRA SACRA

Miradores Ribeira Sacra


Descarga do tríptico >>

VIÑOBUS VERÁN 2010

Viñobus Verano 2010Tríptico do Viñobus Verán 2010





Descarga do tríptico >>

GUIA RIBEIRA SACRA

portada guia ribeira sacraEditada polo Consorcio Turístico Ribeira Sacra co deseño e realización de InPublic- Comunicación e Publicidade, fotografías: Marisol Rodríguez Gavilanes- Foto Estudo, Alberto J. Labrador (fotos ós Fachós), InPublic-Comunicación e Publicidade.

Nas suas oitenta páxinas ademais das explicacións de como chegar, a historia e lendas da Ribeira Sacra contén unha serie de rutas por espazos naturais, monumentais e actividades de lecer, tamén conta cunha extensa guía de museos, artesanía, festas, gastronomía, restaurantes e aloxamentos.

Guía Ribeira Sacra >>>

FOLLETO TURGALICIA RIBEIRA SACRA

Miniatura Folleto TurgaliciaFolleto resumen de la Ribeira Sacra con gran cantidade de información e imaxes editado pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia).

Unha publicación de sesenta e oito paxinas en formato Pdf na que se fai un percorrido pola historia, o patrimonio historico-artístico, museos, espazos naturais, rutas, artesanía festas, gastromía así como unha guía de aloxamentos e enderezos de interese.

Folleto Ribeira Sacra Turgalicia >>>

RUTA DAS IGREXAS LUCIÉRNAGAS

Miniatura Folleto Ruta das Igrexas LuciérnagasFolleto explicativo do proxecto que o Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacra pon en marcha de “Igrexas que contan e luciérnagas da Ribeira Sacra” que a través da iluminación e a interpretación póñense en valor diferentes igrexas que permitirán ao turista percorrer todo o territorio.

Este camiño percorre algunhas das igrexas máis representativas da Ribeira Sacra buscando sobre todo facilitar a “entrada” nelas, ou o que é o mesmo, sentarse, mirar, respirar, escoitar, entender, pasear, ata formar parte…

Ruta das Igrexas Luciérnagas >>>

RUTA DOS PAZOS DE TABOADA

Miniaturas Ruta dos Pazos de TaboadaEditouse por parte do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o concello de Taboada unha publicación de 24 páxinas que recolle unha serie de rutas ao longo do concello de Taboada co fin de coñecer e visitar unha das maiores concentracións de Pazos da nosa comunidade.

Unha completísima lección de historia, de arte e de cultura, ademais dos variados paisaxes que se abren no seu percorrido, as panorámicas sobre a Ribeira Sacra, a súa gastronomía e festexos típicos.

Rutas dos Pazos de Taboada >>>

Estudo de Mercado en Destino Turístico

Logotipo do estudo e do PDT Ribeira SacraElaborado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus Universitario de Ourense, Universidade de Vigo, contén información sólida, relevante e precisa, susceptible de ser aproveitada polos axentes públicos e privados relacionados ca actividade turística na Ribeira Sacra.
Estudo de Mercado en Destino Turístico [PDF]

Cuestionario do Estudo

Modelo de enquisa utilizado no estudo de campo para recoller datos para a elaboración do “Estudo de Mercado en Destino Turístico: Ribeira Sacra”.
Cuestionario do Estudo [PDF]