Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Novas

XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL (15-04-2009)

Actividades en Monforte

Cartel xornadas musica tradicionalO domingo 19 de abril de 2009 a partir das 17 h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte de Lemos terán lugar unhas xornadas didácticas dedicadas a zanfona e a percusión tradicional. Esta actividade estará guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal. Na mesma poderemos gustar dun concerto didáctico no que Luís O Caruncho nos amosará os secretos da zanfona, cantos de cego, regueifas... e Xosé Lois nos ensinará as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, realizarase un obradoiro no que os mestres estarán a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos, e no que o público poderá achegarse e aprender os distintos xeitos de tocar.

Organizadas pola Tradescola de Música Tradicional, Asociación de Gaiteiros Galegos, Secretaría Xeral do Benestar e Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, S.A de Xestión do Xacobeo e Área de Cultura da Deputación de Lugo (Vicepresidencia Primeira) e conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos.

Asociación Gaiteiros Galegos >>