Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Xunqueira de Espadanedo

Centro ceramista do sur de Galicia

Pezas de cerámica de NiñodaguiaXunto coa de outros lugares como Buño, Bonxe o Mondoñedo, a cerámica de Niñodaguia é unha das máis recoñecidas e orixinais de Galicia. Presenta unhas características ben diferenciadas do outro tipo de alfarería da Ribeira Sacra, a de Gundivós. A de Niñodaguia destacase por haber introducido melloras técnicas como o uso do torno rápido de dúas pezas e o forno cilíndrico de abertura superior.

Esta cerámica gana en atractivo polo feito de estar vidrada, resultando en deseños e cores novedosos e ó mesmo tradicionais. Os seus motivos son variados: dende figuras, cruceiros ou hórreos ata diferentes útiles como xerras, tarteiras, almofías ou ataños para a queimada. Todo isto converte á cerámica de Niñodaguia nunha tradición con amplo futuro e nun dos produtos artesanais máis atractivos de Galicia.

Mirador natural e espazo turístico

As terras de Xunqueira de Espadanedo están comprendidas entre a serra de Meda, ó nordeste (1.323 m.), e os cumes de O Rodicio (979 m.) e de O Couso (761 m.) polo suroeste.
A Serra de Meda é un magnífico mirador para apreciar privilexiadas da Serra de Queixa. Asómesmo, resulta un ideal entorno de montaña para a práctica de actividades como a pesca da troita nas augas do río Niñodaguia ou o parapente, así como tamén para as rutas de sendeirismo e cicloturismo. Precisamente entre as ladeiras de Meda e a parroquia de Os Pensos encontrase unha área recreativa, a de As Lagas, adecuada para o baño.
O Alto do Rodicio ofrece unha espléndida panorámica das terras do val de Maceda e de Baños de Molgas.

Un dos mosteiros máis significativos

Exterior do Mosteiro de Santa María de XunqueiraO mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo é un dos principais expoñentes dos mosteiros da Rivoyra Sacrata. Foi fundado a mediados do século XII, primeiro polos agustíns e poucas décadas despois volto a fundar polos monxes cistercenses de Montederramo. O mosteiro conserva en óptimo estado a súa excepcional nave románica e seu claustro, que foi acertadamente restaurado nos últimos anos e no que cabe destacar a existencia de varios reloxos de sol.

Na actualidade, son varios os servizos municipais que ocupan as súas dependencias, tales como unha biblioteca, as oficinas de correos ou o centro de saúde. Tamén hai que facer mención da existencia dun muíño tradicional próximo a Xunqueira, así como un importante conxunto de dolmens en Niñodaguia.

Volver