A súa historia

A 19 Km. de Ourense pola estrada C-536 Ourense - A Rúa, tomando o desvío á esquerda no Km. 17 en Tarreirigo, no Concello de Esgos, atopámonos co mosteiro máis antigo de Galicia. A súa orixe remóntase ao século VI no ano 573 cando un grupo de sete ascetas instaláronse aquí para retirarse a unha vida de oración, segundo a lápida fundacional que se atopa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Coa chegada dos árabes foi abandonado no ano 711 ata o século IX cando segundo unha lenda o cabaleiro Gemondus, en unha xornada de caza, cando perseguía a un xabarís, encontrou as capelas escavadas nas rochas e quedouse no lugar como ermitaño. Outros cabaleiros uníronselle nombrándoo abade e fundouse unha comunidade monástica. Afonso III, ó coñecer os feitos, concedeulle privilexios e implantou nel a regra benedictina no ano 1.007.
Dende entón sofre múltiples incendios, o primeiro no século XI sendo o seu abade Aloito que o reconstruíu; outro no ano 1.641, sendo xa priorato administrativo dependente de Celanova, queda destruído o edificio monacal, e constrúese o que nos atopamos agora. Fixo de casa reitoral cando os monxes o abandonaron e exerceu de templo parroquial; e xa a comezos do século XX sofre outro incendio que produciu o abandono do lugar. En 1923 foi declarado Monumento Histórico-Artístico. Na actualidade encóntrase cedido en préstamo á “Ciudad de los Muchachos-Bemposta”.
O cenobio:

Aquí non atopamos esveltas estruturas góticas nin belezas de arquitectura renacentista. Achámonos nun mosteiro de gran valor antropolóxico más que estético, un conxunto primitivo, mostra case única dos primeiros asentamentos eremitas en Galicia, un edificio escavado directamente en la rocha natural. Neste mosteiro, único por estar escavado na rocha natural, non encontraremos lixeiras estruturas góticas nin harmoniosas proporcións renacentistas.Trátase dun recinto antiquísimo, tosco, case primitivo, testemuña dos primeiros asentamentos eremitas nestas terras. O valor de San Pedro de Roca é antropolóxico máis que estético.
A igrexa do mosteiro, do século VI, consta de tres naves comunicadas entre si por arcos decorados por columnas adosadas e capiteis labrados na mesma rocha . O teito da nave central presenta unha abertura pola que entra luz dende o exterior. Todavía se conservan os altares primitivos en forma de mesas e podemos ver a reprodución dun Cristo románico e unha pilastra central de altar prerrománico; Esta nave ten bóveda de medio Canón e sofre un reforzamento no século XVI por medio dun arco. No muro da capela da esquerda, encontramos un oco no que se cree que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus. Nel descubriuse unha pintura mural ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que mostra imaxes dos apóstolos e un mapamundi. Na nave da dereita hai dous sepulcros que as lendas asignan a Gondamáriz e Oveco Seixas, mortos en combate contra Bermudo II.
O chan está tallado con sepulcros antropomórficos, incluso algún de reducido tamaño que debeu pertencer a un neno pequeno. Os estudosos afirman que no interior do templo se enterraban aos nobres e aos abades, e no exterior aos personaxes de menor categoría.
O entorno monumental

No exterior o primeiro que nos encontramos é un edificio de construción robusta, do século XVII, entre este e a fachada da igrexa románica encontramos varios sepulcros antropomorfos escavados no chan, suponse que foi aquí onde se encontraba o claustro monacal cemiterio. O que máis chama a atención do exterior e da nome ao lugar é un campanario, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, construído sobre unha rocha duns 14 metros de altura e tallada cunha escalinata na parte posterior que permite subir a el.
Nesta mesma rocha está escavado un arco que nos dá paso a un espazo rectangular cerrado por un muro e empregado ata fai pouco como cemiterio parroquial. Dende aquí podemos acercarnos á fonte de San Bieito, tamén escavada en rocha, cuxa auga segundo a tradición elimina as verrugas. Un breve recorrido en pendente por unha arboleda con enormes rochas. Tamén parte desde este mosteiro o “Camiño Real” ruta de sendeirismo que vai ata Esgos.
Esta aberto todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
