Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Mosteiro de San Vicente do Pino

O Mosteiro

Fachada do Mosteiro de San Vicente do PinoDesde o século X unha comunidade de monxes beneditinos facían a súa vida neste lugar. No século XVI constrúese o actual edificio de estilo neoclásico. A súa fachada posúe unha balconada sostida por columnas dó orden dórico que enmarca todo o conxunto presidido por un frontón con pináculos e a imaxe de San Bieito.

Xa nó interior encontramos unha urna e un baixo releve dunha época anterior á construción dó monteiro. Dentro dós elementos prácticos é curioso ver a inclinación e os canais que obsérvanse no chan que servía para recoller a auga da chuvia hasta un aljive que se atopaba baixo o solo onde se gardaba.

A igrexa

Interior da Igrexa de San Vicente do PinoXunto ó lateral esquerdo encontrase a igrexa. A fachada de estilo renacentista da paso o interior de estilo gótico de transición. A súa planta latina alberga a imaxe da Virxe de Monserrat, patroa de Monforte. O altar maior de estilo barroco mostra o martirio de San Lorenzo pintado ó óleo, tamén destacar a bóveda baixo o coro, o sepulcro de pedra da entrada que pertence a Don Diego García abade do mosteiro que contase que morreu asasinado pola orde dos Condes de Lemos.

A Torre dó Homenaxe

A torre do HomenaxePegada ó mosteiro encontrámonos có emblema dó poder dos señores de Lemos, a Torre do Homenaxe que cos seus trinta metros vixía todo o val e desde onde pódese ter unha vista destacada de toda a comarca.

Construída entre os séculos XIII e XV con planta case cadrada, trece metros por doce con muros que alcanzan hasta os tres metros e medio de espesor en algúns puntos.

Por unha escaleira de madeira podemos ascender os catro pisos, deténdonos para contemplar a colección de mobles, armas e enseres, na terceira planta encontramos un ventanal decorado por arcos chamado o ventanal da raíña. Xa no alto observaremos o remate das almenas.

Volver