Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Montederramo

Unha vila de orixe monástico

Fachada do mosteiro de MontederramoFoi o redor do Mosteiro de Santa María de Montederramo que creceu a actual vila. Nun documento do ano
1.124 a Reina Dona Teresa de Portugal, filla do rei galego Afonso VI, manda fundar o mosteiro e fai por vez primeira alusión escrita ó nome de ‘Rivoyra Sacrata’.

Este recibiu os favores de varios reis e papas e estivo sometido ás regras monásticas de San Bieito e máis tarde ás do Císter, ata que a comezos do século XVI unha bula papal adscríbeo a Congregación Cisterciense de Castela. Finalmente, coa desamortización dos bens eclesiásticos, boa parte dos seus dominios pasan a ser destinados a vivendas ata chegar ó seu estado actual.

Cabe destacar a súa igrexa, de ampla nave, sobria fachada herreriana e coro e balaustres de pedra, atípica característica para a época. O seu claustro foi o antigo ‘Colexio de Artes’ e hoxe está maioritariamente ocupado pola escola municipal e outros servizos, sendo un dos máis admirados e sobresaíntes de toda a Ribeira Sacra.

Volver