Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Mosteiro de Santa María

A fonte do Santo

Estatua de pedra de San MamedeA lenda cóntanos a historia dun monxe eremita que vivía na serra de San Mamede e construíu a primeira emita ermitá como lugar de oración axudado de dous corzos que lle levaban as pedras, un dos corzos foi devorado por un lobo e o monxe como castigo puxo o animal a levar pedras. É o monxe que hoxe garda a entrada convertido en pedra. Tamén “a fonte do Santo” lugar onde o monxe fixo manar auga ou a historia da salvación do conde de Maceda de ser comido polos lobos pola axuda de este mesmo monxe.

A súa historia

Patio do claustroNa súa fundación, fechada no 1124, era beneditino e chamábase de San Juan. O integrarse na Orden do Cister recibiu o nome de Santa María. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1951.

A súa orixe data do 21 de agosto de 1124 cando na fundación de San Juan de Mondoñedo a raíña Teresa de Portugal doa os terreos para o que nun principio sería o Mosteiro de San Juan. Polo ano 1160 muda a súa denominación pola de Santa María o pasar a pertencer o Cister. Troca tamén a súa situación dende o lugar inicial, Seoane Vello, o sitio actual, e foi durante os séculos XII o XIV cando ten o seu máximo apoxeo. Na desamortización de Mendizábal Montederramo era considerado o segundo mosteiro en importancia do Cister en Galicia pasando a partir de entonces por múltiples mans, abandonos, roubos,… hasta que en los anos oitenta a Xunta de Galicia comeza a rehabilitación situando no claustro as instalacións do colexio público. O templo conclúe a reforma no ano 1996 e aínda estase levando acabo o proceso de arranxo dos retablos.

Tódolos días de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Volver