Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Mosteiro Santo Estevo

Historia

Vista xeral do mosteiro de Santo EstevoExiste documentación da existencia do Mosteiro desde o século X, aínda que os indicios apuntan a que foi fundado por San Martín Dumiense entre os anos 550 e 555. A súa etapa de esplendor iniciase no século X, baixo a autoridade dó abade Franquila. Este abade recibiu un traxe de pel agasallo da raíña dona Goto en memoria dó seu finado esposo, Sancho Ordóñez. Unha tarde o morto presentouse á viúva para que vise os diaños castigándolle polos pecados que cometera, así a raíña pregou e axunou corenta días, trallos cales recibiu de novo a visita do finado esposo libre de demos cunha túnica branca e o traxe de pel regalado a Franquila. O intentar abrazalo soio puido atrapar un anaco do traxe que levou o mosteiro e comprobou que coincidía cun roto aparecido recentemente nó traxe.

Pode que relatos deste tipo fosen os que trouxera na nove bispos durante este século e o posterior, presenza reflexada no escudo do mosteiro onde figuran nove mitras.

Nó ano 1835 sufriu os efectos da Desamortización de Mendizábal. En 1923 recibiu o recoñecemento de Monumento Histórico-Artístico. Xunto cós mosteiros de Oseira e Celanova está considerado como un dos mais importantes de Ourense. Na actualidade foi reformado para convertelo en Parador Nacional.

Descrición Artística

Columnas do claustroA súa estrutura e decoración conta con elementos románicos, góticos, renacentistas e barrocos. A fachada, un conxunto de gran interese, pertence a este último estilo. A porta está situada nó centro, rodeada dunha moldura de decoración xeométrica. Encima apoiase un frontón, e sobre él unha balconada. A parte superior culminase có escudo da España imperial. Os lados da porta, entre columnas toscanas, están situadas dúas imaxes de santos benedictinos. Por encima deles vemos o escudo da Congregación de Castela (á dereita) e o mosteiro (a esquerda).

Este monumento está organizado o redor de tres claustros. O mais antigo, chamado dos Bispos, é románico. Entre os seus moitos detalles, destaca a bóveda de nervios dó corpo superior. Os outros dous claustros, tamén de gran beleza, son renacentistas.

A igrexa, de orixe románico e planta basilical, ten dúas torres de campanario ós lados. Nó seu interior gardase, aínda que inicialmente encontrábase nó maior dós dous claustros renacentistas, un altar de pedra de gran tamaño que representa a Xesús cós apóstolos. Os retablos, renacentistas dó século XVI, mostran esceas do Novo Testamento.

Volver