Nun espazo natural de orixinal beleza onde conflúen Miño e Sil, esta terra de frailes e afiadores foi un dos centros monásticos da Ribeira Sacra e é hoxe, dedicado ás rutas fluviais que surcan as súas ribeiras, un dos referentes turísticos de Galicia
O mosteiro por excelencia da Ribeira Sacra

Na ladeira dun bosque de castaños que baixa en pendente ata o Sil está situado un dos monumentos máis importantes de Galicia, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Merece a pena o acceso a pé ao mosteiro, encontrando ao noso paso os seus muíños con canalización interna de augas ou os Pazos como a Casa da Audiencia.
A primixenia comunidade de monxes estivo estreitamente relacionado ás primeiras colonizacións eremíticas do século VI como a de San Pedro de Rocas. Os ermitaños distas ribeiras uníronse nos primeiros anos do século X para fundar un mosteiro baixo a dirección do Abad Franquila. Estes recibiron no ano 909 sendos privilexios do monarca galego Ordoño II e do Papa Inocencio IV respaldando a súa fundación. No século XVII, a súa Escola de Santidade será lugar dos primeiros estudos do insigne ilustrado galego Padre Feixoo.
Hoxe mostra aínda a nave da súa igrexa románica dos séculos XI-XII, as súas amplas dependencias e os seus tres magníficos claustros, pertencentes a diferentes estilos arquitectónicos e dos que cabe destacar o impresionante Claustro dos Bispos.
Nos últimos años, a vida do mosteiro experimentou unha notable revitalización grazas á celebración no seu claustro principal do Festival Folk de Santo Estevo, a principios do mes de agosto e coincidindo coas festas parroquiais de Ribas de Sil.
Durante este evento, teñen lugar no mosteiro cursos didácticos de diferentes instrumentos musicais galegos e exposicións.
Na confluencia de dúas ribeiras
O recorrido da marxe esquerda do Miño pola estrada local que une Melias con Os Peares descúbrenos panorámicas dunha beleza inesquecible, atravesando típicas aldeas ribeireñas como as de Penalva e Seara. Nesta última houbo antigamente un mosteiro, O de San Vicente, que hoxe só conserva algúns restos. Tamén son dignos de mención os Pazos de Celeirós e Seara.
Antes de chegar a Os Peares, merece a pena unha visita aos tradicionais núcleos arquitectónicos de Nogueira de Ramuín e de Liñares, paradigmas da aldea ribeireña. Tamén alí podemos visitar dous tradicionais muíños, situados en medio dun fermoso entorno natural. Esta zona resulta adecuada para a pesca, así como para o baño, estando próxima a praia fluvial de Os Peares.
Terra de artesáns afiadores
Unha estatua do escultor Buciños situada na praza de Luintra recórdanos que estamos na terra que foi o berce dos míticos afiadores-paragüeiros. En Luintra e en Vilouriz non podemos deixar de visitar dúas exposicións únicas no seu xénero de rodas de afiar e diferentes ferramentas de afiador. Estas son ofrecidas amablemente ao público por dous dos máis entrañables artesáns afiadores que quedan na comarca. Tamén pode ser un bo momento para coñecelos e preguntarlles polas súas aventuras e pola fala dos afiadores, o ‘Barallete’.
A ‘Rivoyra Sacrata’ do Sil
O recorrido dende a praia fluvial de Os Peares ata Cerreda e Parada do Sil non podería ser máis sorprendente. Ideal en coche ou como parte de rutas de sendeirismo, o encaixado Canón do Sil ofrece perspectivas difíciles de esquecer, constituíndo un entorno natural único en Galicia.
En moitas das rochosas paredes do Canón do Sil hai zonas especialmente recomendadas para a práctica da escalada. As rutas de sendeirismo ou ecuestres son excepcionais. Entre as primeiras cabe destacar a que vai do Mosteiro de Santo Estevo ata Cerreda. As rutas ecuestres da Alberguería ou a de Loureiro-Carballos da Portela son enormemente recomendables. Nesta zona, cerca de A Rasa, está un dos embarcadoiros do Catamarán do Sil, que ofrece diferentes itinerarios polo monumental Canón do Sil.
