Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Parada de Sil

Ampla oferta lúdica e turística

Cañon do SilAs zonas do Canón do río Mao e a súa desembocadura no Sil son ideais para o simple baño así como para a práctica de deportes fluviais. Entre as pontes de Couceliñas e Forcas existe a posibilidade de baixada do río Mao en piragua ou realizando rafting.

A zona do Canón do Mao tamén resulta apta para a práctica da escalada. Xa na súa confluencia co Sil, encontramos a praia fluvial de Barxacova. Dende alí recomendase seguir a excepcional ruta de sendeirismo que leva ao mosteiro de Santa Cristina. Asómesmo, merece a pena unha visita á aldea de Rabacallos, cuxo núcleo arquitectónico é conxunto histórico-artístico.

A vista é única dende o magnífico mirador sobre un impresionante meandro do Canon do Sil, no lugar chamado ‘Os Balcóns de Madrid’, situado entre Rabacallos e Santa Cristina.

Esplendor medieval ao abrigo do Canón do Sil

Mosteiro Santa CristinaComo en toda a chamada ‘Rivoyra Sacrata’ as paraxes montañosas de difícil acceso de Parada do Sil ofreceron a monxes e outras xentes un refuxio axeitado ás invasións de árabes e vikingos. Estes parecen ser capítulos decisivos nas orixes do seu magnífico mosteiro de Santa Cristina, situado nunha pequena península cuberta de espesos bosques de castiñeiros que sobresae no medio do curso encañonado do Sil.

Pénsase que a súa primeira fundación puido estar relacionada co evanxelizador dos Suevos San Martiño Dumiense, aínda que o actual mosteiro data d século IX. No seu esplendor, recibiu os favores de reis galegos como Fernando II e Afonso VII e chegou a posuír terras na outra ribeira do Sil, en Monforte e O Saviñao. Despois de diferentes bulas papais que reformaron a igrexa galega quedou reducido a simple priorato e decaeu ata a súa recente potenciación como destino turístico.

O mosteiro de Santa Cristina conserva a práctica totalidade do seu conxunto, destacando a nave da singular igrexa, con seu magnifico rosetón, as súas lápidas funerarias e as súas cruces celtas, amosando o seu primitivo cristianismo de características populares e pagás. A súa torre de influencia compostelá sobresae entre todo o bosque de castaños e a ornamentación dos capiteis románicos mostra a súa orixinal policromía.

Do mosteiro de Santa Cristina parten tamén diferentes rutas polo Canón do Sil de gran interese lúdico e paisaxístico, así como moitas das rutas do catamarán.

Volver