Historia e lenda

O municipio de Paradela encóntrase entre o val do Miño e a depresión de Sarria. Existen vestixios como o castro de Croa en Randulfe ou o Castro de Barán de gran importancia en Galicia así como a medorras de Cerxedo e Santa Cristina; mámoas en Castro do Rei; castro de Cortes. Como curiosidade as lendas que falan de culto ás rochas e as súas habitantes "mouras", seres femininos que posúen abundantes tesouros agochados no interior das grandes rochas. Por exemplo, conta a tradición oral que unha luz máxica se desprende dunha gran rocha no castro de Barán representando unha fermosa doncella enfeitizada.
O seu nome pensase que provén de "parada", facendo alusión a lugar de descanso da ruta romana que levaba a cruzar o Miño pola ponte de Portomarín. Na Idade Media a zona é marcada pola vida dos mosteiros de Castro de Rei e de Santa María de Loio, este último do s. VIII foi de grande importancia cando os templarios, a orden dos Cabaleiros Cambiadores que defendían aos peregrinos e ao sepulcro do Apóstolo Santiago. A Orde Militar de Santiago configurase como tal, aproximadamente polo ano 1173, mediante un pacto selado entre os trece freires casados ( os frates de Castes o seniores de Canceris) co prior e os canónigos regulares de San Agustín, que vivían no Loio. Neste pacto establecense os principais preceptos da Orde, entre elas, que a orde se reuniría alí onde estivera o convento dos freires canónigos, que vestirían sobrepellices e que se ocuparían da instrucción literaria dos fillos dos freires legos. Dende a fusión de ambas institucións (frates de Castes e canónigos regulares do Loio) a historia do Loio vinculouse estreitamente coas vicisitudes da Orde. Ademais, nesta zona das ribeiras do Loio están documentados outros mosteiros na edade media. Na parroquia de San Salvador de Cortes, ademais do de Sta. María, antes citado, o mosteiro de San Salvador e o eremitorio de Santa Cruz de Loio. Deste último conservanse algúns restos. Na parroquia de San Xoán de Loio (cáseque toda anegada co encoro de Belesar) houbo tamén un mosteiro chamado San Xoán de Loio. Outros pequenos mosteiros que aparecen documentados nas ribeiras do Loio son: Sismonde (na parroquia de Santiago da Laxe), San Pedro da Cova (non lonxe da Tellada, que foi parroquia ata o século XVIII)
Admiración polo Románico

Dentro de todas as mostras do románico está a igrexa de Santa María de Ferreiros (s.X), situada no Camiño Francés a Santiago de Compostela e que se trasladou no s. XVIII pedra a pedra, a Igrexa e rectoral de San Facundo de Ribas de Miño (monumento Nacional de Interese Turístico Cultural) de transición románico-gótico que se atopa á beira do río Miño rodeada de viñedos en bancais; a igrexa de Santa María de Castro de rei (s.XVIII, ábside románico XII-XIII) no lugar de Mosteirovello, nome que alude ó primitivo emprazamento monacal dos séculos X e XI, foi mosteiro bernardo e antes mosteiro dos monxes negros. Da igrexa primitiva só se conserva a ábside da epístola, parte dos muros e outros restos; a capela de Loio (Cortes), a máis antiga da zona, prerrománica s. X cunha forte modificación no S. XII que son os únicos restos que se conservan do mosteiro de Sta. María do Loio fundado no século VIII; a igrexa de San Vicente de Paradela na que se conserva algún resto mozárabe; Sta. Cristina ten vestixios prerrománicos nun ventanal visigótico e unha pila de granito aberta por arriba a modo de sarcófago. Tamén son importantes as Casas-pazos como poden ser A casa de Abelaira con capela propia; a casa de Carballosa do s. XVIII e o pazo blasonado de Tellada(2), outros elementos da arquitectura civil interesantes son o cruceiro de San Miguel, seleccionado no ano 99 para unha emisión de selos conmemorativos do Camiño Francés a Santiago e Muíño de Pías que xunto a fervenza na que remata o paseo do regato Ruxidoira é un lugar moi recomendable.
Ademais, entre Sarria y Portomarín, as terras de Paradela son atravesadas por os peregrinos que recorren o Camiño de Santiago, paralelamente á estrada autonómical Lu-633. Onde se pode admirar unha boa paisaxe formado polo río Loio e a súa confluencia co Miño.
