Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Portomarín

Historia

Estatua de Santiago diante do Concello de PortomarínPortomarín denominado " locum Portomarini" foi un estratéxico e importante lugar de paso. A ponte sobre o Miño de época romana, século II, que na Idade Media reconstruíuse uníndose a construción dun hospital.

Así, no 993, Bermudo II donaríao á igrexa de Santiago. En torno a 1120 reconstrúese a ponte destruída pola raíña Urraca e en 1126 comezase a construción do hospital. Seguiu recibindo privilexios que axudaron a manteñer o hospital. O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín, foi declarada Conxunto Histórico Artístico, un pouco despois resultará anegada polas augas do embalse de Belesar, se ben é posible vislumbrala nos días que as augas están moi baixas. Construíndose a nova vila no Monte do Cristo, a este novo enclave trasladaríase completa a igrexa de San Nicolás ou San Xoán e a portada occidental da de San Pedro.

O camiño de Santiago

Igrexa de PortomarínA historia de Portomarín aparece moi ligada ao desenrolo do Camiño de peregrinase a Santiago. Con motivo das peregrinacións no ano 1126 constrúese o hospital e reconstrúese a ponte romana derruída por dona Urraca. O Códice Calixtino denomina "Pons Minea" (ponte do Miño) como a ponte de paso dos peregrinos sobre o río Miño de gran importancia durante os séculos X ao XII.

Tamén destacaremos a festa dos Maios, na que un personaxe vestido con arbustos recorre a vila pedindo castañas secas que os veciños lle tiran polas ventás. Así como a celebración dos domingos Folclóricos nos que se dan cita durante os domingos do mes de agosto agrupacións folclóricas e corais polifónicas. A augardente que xa tomaban os peregrinos mollado con pan "a parva" e que ten na "Feira do Augardente" a súa mellor promoción no domingo de Pascua onde a "Serenísima Orde da Alquitara" convoca aos mellores destiladores para premiar o mellor augardente.

Patrimonio Artístico

Igrexa de San NicolásA igrexa de San Nicolás, antiga igrexa de San Xoán, románica do século XIII, levantada pola orde de San Xoán de Xerusalén e que a súa función era gorecer a ponte e coidar o hospital de peregrinos, de aí o seu aspecto de fortificación. Chama a atención xunto a este aspecto sobrio a rica decoración das súas portadas decoradas con escultura relixiosa e o gran rosetón na portada occidental, no interior unha nave soa abovedada de influencia compostelá.

A igrexa de San Pedro, século X, consagrada en 1182 polo bispo de Lugo Rodrigo II, segundo a inscrición que nela figura. O sepulcro do Marqués de Bóveda no seu interior. Próximos á igrexa encóntranse os pazos do Conde da Maza, século XVI, e o Palacio dos Pimentais ou de Berbeteros, século XVII e xa fora da vila destacan máis monumentos románicos como as igrexas de Cortapezas, Castromaior e Gonzar donde se encontran unha cruz procesional de prata de Xorxe Cedeira do século XVI. Non esquecéndonos dos restos arqueolóxicos onde hai que mencionar o Castro da Virxe, o de Bedro, Castrolobrixe ou o de Soengas.

Volver