Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Quiroga

Comarca vinícola e mineira

Paisaxe montañosoAs ladeiras de solana da marxe dereita do Sil reúnen as condicións óptimas para o cultivo da vide, polo que os excelentes caldos colleitados en Quiroga pertencen a unha das cinco subzoas da denominación de orixe dos Viños da Ribeira Sacra. Existen numerosas adegas que elaboran diferentes variedades de viño como a señorial Mencía, o Alvariño ou o Godello, todos de excelente calidade e crecente prestixio.
Pola súa parte, a riqueza mineira de Quiroga foi explotada desde tempos antigos e continúa séndoo hoxe, especialmente nó sector da pizarra, que é na súa maior parte exportada e comercializada en outros mercados. Os romanos apreciaron tanto o ouro líquido destes viñedos como o valioso metal que extraeron de minas como as de Montefurado.

Enclave estratéxico

A importante presenza romana nas terras de Quiroga está atestiguada pola que foi unha obra de enxeñería sen comparación na Europa antiga. A finalidade: extraer o prezado ouro do Sil. A mina fluvial de ouro de Montefurado foi feita co fin de desviar o curso do río Sil e extraer os graos de ouro do seu cauce. Para isto foi necesario horadar todo un monte, o Pena do Corvo, e escavar nas súas entrañas un pasillo de 400 metros de lonxitude e 20 metros de anchura.
Parella a esta obra do século II, foron construídos nos últimos tempos os túneles do ferrocarril e a estrada N¬120, todo o cal fai que Quiroga conserve a súa importancia como vía de acceso a Galicia dende o norte da península e Europa. Outras minas romanas son a de Augasmestas, próxima a un castro, e as de San pedro e A Margarida. Tamén o núcleo de A Ermida conserva importantes restos de edificacións romanas.

Natureza prodixiosa e ampla oferta turística

Bosque de CastiñeirosSuperando os 1.600 metros de altitude, como no Pía Paxaro ou en Formigueiros, as primeiras elevacións das serras de O Caurel ofrecen múltiples e variadas posibilidades aos amantes da montaña, tales como o parapente. Tamén as rutas de sendeirismo ou o simple paseo encontran magníficas vistas como as que se poden apreciar dende o Castro de Ares, o Alto de Aldriz ou o de Aguasmestas. Desde algúns deles pódense ver Pena Trevinca ao este e as serras de Manzaneda e San Mamede-Queixa ao oeste.
Os vales son lugares privilexiados para a caza e a pesca, asombrando pola beleza dos seus bosques e sendeiros. O Lor é un dos máis prestixiados ríos galegos para a pesca da troita, se ben hai cotos de troitas e anguías noutros ríos como o Quiroga.

Lugar de entrada de peregrinos a Galicia

TorrenovaesComo non podía ser doutra maneira na Riveira Sacra do Sil, Quiroga viviu momentos de esplendor medieval e apoxeo como entrada a Galicia dos peregrinos de Castela que seguían en Portomarín o Camiño de Santiago. Distes florecentes tempos queda o Hospital de peregrinos de Quiroga.
Merece a pena a visita ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, construído sobre unha ermida paleocristiá onde fora achado o chamado Crismón de Quiroga, hoxe no Museo de Lugo. Magnífico é tamén o conxunto situado sobre unha rochosa pena en Sequeiros: o Castelo da Encomenda. Digna de mención é tamén a capela sueva de San Xoán do Hospital, anexa a unha Casa-Torre do século XII.

Volver