Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Ribas de Sil

Terra de excelentes viños

Pena do LadeiroComo non podía ser menos na Ribeira Sacra, estas son terras de antigos mosteiros e viño de reputada calidade. A vide constitúe a principal produción agrícola e os excelentes viños colleitados pertencen a unha subzona da denominación de orixe dos Viños da Ribeira Sacra. Non se debe esquecer a súa degustación, nos establecementos hoteleiros ou nas súas bodegas, acompañándoos da excelente gastronomía da zona.

Dous símbolos de Ribas de Sil

A CubelaDanada nas loitas entre os monxes e os cabaleiros da Orde de San Xoán de Malta asentados en Quiroga, a antiga abadía de San Clodio conserva aínda a súa nave e boa parte do seu claustro monacal. Tamén de aqueles tempos de esplendor e loitas podemos aínda admirar a súa torre.

Unha notable curiosidade de Ribas de Sil é a ponte metálica do século XIX deseñada por tres enxeñeiros españois: Juan Bautista Neira, Manuel Lois e Pelayo Mancebo. En torno á ponte ten lugar un marabilloso espectáculo de fogos artificiais e festival de música celta durante os festexos da Asunción, festas grandes de Ribas de Sil que se celebran entre o 14 e o 16 de Agosto.

Da montaña ás ribeiras do Sil

Exemplo de arquitectura popularA serra de A Moa ofrece magníficas perspectivas do encaixado val do Sil dende alturas como o Alto da Arma (1.013m.) ou o Monte Cerengo (1.286m.), ambos excelentes miradores naturais e lugares idóneos para as rutas de sendeirismo pola serra. Recorrendo ademais a estrada secundaria que os une encontraremos ao noso paso a harmoniosa igrexa de Torbeo e os castros de Nogueira e Soutordei.

Os numerosos afluentes que se precipitan dende a serra ata o Sil fan de Ribas de Sil unha privilexiada terra para a pesca, entre outras especies, das súas excelentes troitas. Na parte oriental do Embalse de Sequeiros, en Peites, atópase unha mina romana para a extracción do prezado “ouro do Sil”, parella á veciña mina de Montefurado.

Volver