Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Castelo da Peroxa

Orixe

Castelo da PeroxaPara acceder ir pola N-525 de Ourense a Santiago, o chegar á altura de Gustey, tomar o desvío da Peroxa y moi preto do pobo encontrase o castelo fortaleza que foi durante séculos cabeza de xurisdición e capital dó estado de Temes.

O Castelo esta situado sobre un antigo Castro sobre ó que asentáronse diversas familias durante a dominación romana, non se pode determinar a data exacta de construción da fortaleza pero créese que foi durante o ano 793 cando a familia Temes o constrúe para loitar contra os ataques dós musulmáns en Galicia situado nela capital dó condado como centro administrativo e defensivo chegando os seus dominios hasta Sarria, Villamaría e Chantada.

Historia

Almena do CasteloPadeceu múltiples asedios dando lugar a lendas como a da existencia dun pasadizo polo que saían os mouros a buscar xente o val ou que para liberalo dos mouros contouse ca intervención dó Apóstolo Santiago nun cabalo voador deixando marcas das súas ferraduras no mirador dos cabaleiros.

Mais tarde nó século XIII convertese na sé dó Adiantado Maior de Galicia que era quen ostentaba ou poder gobernativo, económico e xudicial.
Este cargo tívoo Pedro Ruiz Sarmiento en 1370 comezando a dinastía dos Sarmientos cuxo escudo de armas formado por trece róeles vermellos sobre campo de ouro figura no actual escudo do concello. Máis tarde pasa a pertence aos Marqueses de Camarasa que serían os seus últimos donos.

No ano 1466 na revolta irmandiña, máis de 130 castelos son arrasados pero o da Peroxa sálvase por albergar a este cargo, representante do Rei.

A continuación comeza a perder importancia pasando a depender dos Condes de Ribadavia.
Logo da desamortización de Mendizábal converteuse na Casa Consistorial da Peroxa, e alí celebrábanse os mercados.

Volver