Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Monforte de Lemos

O conxunto monumental San Vicente do Pino

Monforte de Lemos vista desde o ParadorO cumio que vixía sobre todo o Val de Lemos acolle un conxunto único formado por edificios de gran valor histórico e artístico. A Torre da Homenaxe, de catro pisos e almenado mirador é tamén un museo excelentemente acondicionado. Asómesmo, encontramos alí o Mosteiro de San Vicente, que conta con exposicións de importantes restos arqueolóxicos e valiosas mostras de arte barroco. Finalmente, o Pazo dos Condes de Lemos foi residencia da nobre familia galega e conservaba antes do incendio sufrido no século XVIII tapices e cadros de autores como Tiziano, Rafael ou El Greco.

Tamén a muralla que rodeaba o castro conserva importantes partes como a Porta Nova, cos seus blasóns nobiliarios en mármore, a da Alcazaba ou Porta da Cadea Vella, anexa á chamada Torre Pequena. En torno á muralla encóntranse algunhas das rúas vellas e casas nobiliares do casco vello monfortino. De marcado sabor medieval son as "rúas" da Cadea Vella, a dos Fornos ou a do Burato, mentres algunhas casas nobres e blasonadas como a dos Ribadeneira ou os Quiroga amosan a peculiar arquitectura civil do barroco monfortino.

O 'Monte Forte'

Torre do Homenaxe de San Vicente do PinoA terra de Lemos aparece dende antigo ligada ao pobo celta dos Lemavos, palabra da que se deriva o actual nome de Lemos e que significaría val chan e fértil. Segundo os historiadores gregos e romanos daquela época, os Lemavos tiñan a súa capital no chamado Castro Dactonium, que ocupaba certamente o actual cumio de San Vicente, onde se ergue hoxe o Castelo dos Condes de Lemos.

No século VIII o xa cristianizado Castro Dactonio resultou destruído nunha incursión árabe xunto cos mosteiros de Atán e Sta. María de Amandi. Sábese tamén por documentos medievais que sobre os restos do castro foi construído o mosteiro de San Vicente do Pino.

No século XII, o Conde de Galicia García de Borgoña e a Raíña Dona Urraca conceden a Froila Díaz, da Casa dos Lemos a refundición da cidade aos pes do Castro Dactonio e aprobase a carta de pobra para que a vila prosperase e fose centro dun gran mercado agrícola e gandeiro. Así, ao redor de San Vicente medra unha esplendorosa cidade medieval que recibirá os privilexios de varios reis galegos como Fernando II, sufrirá episodios convulsos como as dúas Guerras Irmandiñas, acollerá unha importante colonia xudía e será cuna dunha das máis poderosas familias nobres de Galicia.

Terra fértil e dinámica

Ponte sobre o río CabeA terra de Lemos ocupa unha depresión de terreo chan e fértil atravesada polo río Cabe. As diferentes elevacións que constitúen os seus límites norte sur baixan ata as augas do Sil en pronunciada pendente, formando parte da marxe dereita do Canón do Sil. Lemos tamén é unha terra vinícola, cuxos viños forman parte da Denominación de Orixe dos Viños da Ribeira Sacra.

A vila de Monforte, capital comarcal e eixe de comunicacións ferroviarias de Galicia, foise formando ao redor dun cumio que sobresae en medio do seu val. Debido a súa situación estratéxica constituíu un privilexiado asentamento de mosteiros, fortificacións e outros edificios nobres ao longo da súa dilatada historia. Monforte celebra importantes festas como os Magostos e os Maios. Outras citas de enorme interese son a Feira de Mostras do Val de Lemos (agosto) e a Semana Micolóxica Galega (novembro).

Convento das Clarisas

Convento das ClarisasFora do recinto amurallado de San Vicente do Pino, atravesamos o río Cabe pola Ponte Vella, de orixe romano, para encontrar o Convento das Clarisas. O seu Museo Sacro é un dos máis importantes da península e expoñen un dos famosos cristos xacentes de Gregorio Fernández.

Baixando o curso do Cabe, rodeado polo Parque dos Condes e o Xardín da Compaña, está o magno edificio do Colexio de Nosa Señora a Antiga. O seu interior amosa un fermoso retablo de Francisco de Moure e o seu museo conta con varios cadros de El Greco que son dignos de admiración.

Fora da vila, as posibilidades de apreciar patrimonio histórico-artístico monfortino inclúen unha ampla oferta monumental, entre a que cabe destacar o Pazo o Casa Grande de San Xulián de Tor.

Volver