Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Mosteiro de Santa Cristina

Como chegar

Fachada da igrexa de Santa CristinaA este mosteiro acédese dende Parada do Sil, tomando un cruce xa sinalizado á esquerda ao comezo dista poboación e despois de recorrer uns catro Km. Para chegar a Parada do Sil podemos tomar a C-536 Ourense - A Rúa dende Ourense no Km. 36, en Vilariño Frío un cruce á esquerda, dirección Parada do Sil, durante 8 Km. pola OU/V-6067 ou dende Nogueira de Ramuín pasando por Loureiro e Caxide cunha estrada máis lenta pero con excelentes vistas dos Canons do río.

Un pouco de historia

Detalle da decoración dun capitelA primeira referencia da súa orixe é no ano 969 o abade Gundesindo rexía o cenobio baixo a regra de San Fructuoso de Braga. Aínda que esta primeira referencia nos sitúe no século X, é no século XII cando se constrúe o primeiro mosteiro e a igrexa románica. Durante o século XIII realízanse importantes reformas. Os reis Afonso VI e Afonso VII concédenlle privilexios de coto e é o centro de autoridade do seu entorno ata o ano 1.518 no que pasou a depender de San Estevo como priorato. É aí cando comeza o seu declive aínda que se leva a cabo a reconstrución do claustro e a decoración dos ábsides da igrexa con frescos. chegou a ser o segundo mosteiro en importancia en toda a Ribeira Sacra ata o século XV, importancia manifestada nas múltiples rutas de comunicación medievais na zona das que se conservan restos de calzadas como por exemplo a ponte de Forcás.

Unha igrexa e unhas ruínas ben conservadas

Claustro do patio interior do MosteiroA igrexa cunha portada con arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas acodilladas e un gran rosetón que chama a atención pola súa decoración e conservación, considerado un dos mellores do románico en Galicia. O interior da igrexa é sobrio con pequenas ventás polas que entra luz con columnas de capiteis decorados con motivos vexetais, existe a lenda que dende o ábside salia un túnel ao exterior. Formando ángulo recto coa igrexa está o mosteiro, na entrada encóntrase un arco que dá paso ao patio do que só se conservan dúas ás que compoñen a galería do claustro. O que hoxe existe corresponde ás remodelacións d século XVI de estilo renacentista.

Nas estancias que aínda se conservan poden observarse restos das pinturas. Unha escaleira condúcenos ao primeiro piso, hoxe reconstruído en madeira para facilitar a visita. Alí encontramos en cada ventá "os faladoiros" e a través da última habitación saímos a unha balconada onde se pode contemplar unha preciosa vista do Canón do Sil e da paz do lugar. Xa no exterior contemplaremos a torre de orixe románico rematada en almenas e cuberta de forma piramidal con dúas ventás de arco de medio punto en cada cara. Por último, podemos recorrer o monte de castaños e carballos que rodea ao mosteiro. Os castaños ocos "caracochas" contan que ten a propiedade de curar o "tarangaraño" (raquitismo) se pasas a través deles.

Esta aberto os días laborables de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. e os festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Volver