Datos históricos

A 15 Km. da capital da provincia encontrámonos co municipio de A Peroxa, podendo entrar nel por dúas vías, ben pola N-525 de Ourense-Santiago á altura de Gustei ou dende Ourense dirección Oira, bordeando o río Miño comezando a visita por Barra de Miño. Este segundo camiño ofreceranos unha gran riqueza paisaxística dende Ourense ata Os Peares.
Restos arqueolóxicos e de castros fálannos de asentamentos paleolíticos na zona. Despois a vía romana Aquas Flavias Lucus, que pasaba polas proximidades do concello, consolido de novos núcleos de poboación. Na Idade Media estivo dominado polo Conde de Ribadavia, o baixo o bispado de Ourense e incluso pertenceu parte ao mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil. Ante tal carga fiscal abusiva os campesiños crearon potentes organizacións agrarias para combater tales abusos conseguindo privilexios que se mantiveron ata finais do ano 1920.
Información patrimonial:

Consérvanse as ruínas dun castelo medieval construído sobre un asentamento castrexo e do cal non se pode fixar a época da construción sendo posible que pertenza ao século XIII, documentalmente no século XV era propiedade do condado de Ribadavia dos Sarmientos a quen pasou despois de ser propiedade dun gobernador local. Destaca o seu carácter defensivo e a torre da Homenaxe restaurada. Está asentado sobre un montículo sobre o que se aprecia unha estupenda vista do Val do Arrollo Rial e do río Miño.
Visitaremos a igrexa de San Xes, a casa reitoral e o coto de Redondelle, barroca con fachada decorada con motivos xeométricos sobre a que se alza a torre do campanario e a igrexa de San Martiño, en cuxa fachada principal encontraremos dous pares de pilastras enmarcando a porta de entrada, decorada cun campanario de cúpula de principios do XVIII.
A importancia de fornos como o de Turzavella ou o de Bustos que aínda funcionan en datas sinaladas ou os muíños do río de Barra e o río Bubal onde ademais de importancia etnográfica gozaremos da beleza paisaxística.
A abundancia de casas señoriais e pazos como a casa fidalga de A Torre, en Graíces; a de Soutos e a de Cinco Nogueiras e os pazos de Redondelle, en San Xes; Ansariz, en Armental; Trubisquedo e o de Láncara.
Actualidade

Un particular propietario da fortaleza no ano 1920 vende a pedra da Torre da Homenaxe que se emprega na construción da actual igrexa da Peroxa.
Hoxe estase reconstruíndo e na contorna do castelo pódese apreciar panorámicas do Concello, creouse un Espazo Natural Protexido e área de recreo que o visitante poderá gozar dunha vexetación autóctona en harmonía coas especies animais que outrora moraban estas terras, corzos, cabras, vaca cachena, ... Todo iso dentro duns itinerarios marcados que nos guiasen polas 23 Ha deste Espazo Natural Protexido.
