Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Canóns do Sil

Descrición

Cañon do SilO Canón do Sil é unha garganta de orixe tectónico situada entre a provincia de Ourense e Lugo que se extende ao longo de 35 Km., comprendendo 5.914 hectáreas. As súas paredes acadan desniveis de máis de 500 metros nalgúns puntos. As súas ladeiras presentan unha paisaxe curiosa unindo o efecto da erosión deixando formas caprichosas nas rochas e os bancais artificiais construídos para o cultivo da vide así coma os pantanos para o aproveitamento do río na produción de enerxía eléctrica.

A visita

Catamarán surcando as augas do SilHai dúas formas distintas de afrontar a súa visita, en catamarán navegando polas súas augas e apreciando a súa grandiosidade sucando polas súas augas en catamarán nas rutas fluviais que están operativas vendo as paredes case verticais que forman o canón e as formas caprichosas das rochas polo efecto da erosión ou desde arriba percorrendo a estrada que o rodea e parando nos miradoiros acondicionados, coma os Balcóns de Madrid ou o Mosteiro de Santa Cristina.

Flora e Fauna

Cañons do SilA forma do canón propicia un microclima que leva a que nos atopemos especies extrañas nos bosques de Galicia como poden ser as aciñeiras, laranxeiras, salgueiros, mimosas, alciprestes, oliveiras, etc convivindo con especies propias do clima atlántico-continental como son os castiñeiros, piñeiros ou carballos. No que fai ás especies animais lobos, xabarís, londras, coellos así como gran número de especies de aves rapaces coma o falcón peregrino, milanos negros ou aguias reais. Tamén debido a este microclima mediterráneo é un sitio idóneo para que especies coma patos e garzas pasen no interior do canón o inverno.

Volver