Descrición
Estendese polos concellos de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Pantón e Sober.
O río Cabe nace a 900 m. de altitude no monte de Loureira. Descende encaixado, aproveitando unha fractura norte/sur ata os 500 m. Recibe pola esquerda ó río Antiga, máis adiante verte na fosa de Lemos, que enche de sedimentos axudado polos ríos Saa e Mao. Augas abaixo recibe ó río Cinsa e ó pequeno río de Ferreira.
Flora e fauna
Posúe unha vexetación ribeiriña ben conservada e notable presenza de boga de río. Con 53 km e un índice de sinuosidade do 1,46 e unha pendente media de 1,50%.
Neste espazo natural destacan os bosques de carballos galaico-portugueses de Quercus robur e Quercus pyrenaica os de Castanea sativa, Uceiras oromediterráneas endémicas con toxos, bosques de ribeira con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-padion, Alnion incanae e Salicion albae).
No apartado de fauna podemos encontrar cotovía pequena (Lullula arborea), Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), Garza real (Ardea cinerea), Falcón pequeno (Falco subbuteo), Moucho de orellas (Otus scops), Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrum-equinun), Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), Morcego das covas (Miniopterus schreibersi), Lontra (Lutra lutra), Salamántiga galega (Chioglossa lusitanica), Libeliña (Macromia splendens), Armiño (Mustela erminea).
