Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Bidueiral de Montederramo

Flora e Fauna

bosque de bidueirosSituado entre a Ribeira Sacra e o Macizo de Queixa-Manzaneda na Sierra de San Mamede no concello de Montederramo atópase un conxunto boscoso onde predomina o bidueiro (Betula Alba) mesturados con acivro (Ilex aquifolium), cancereixo (Sorbus aucuparia), arandeira (Vaccinium myrtillus) e por suposto, xestas, carballos e fentos todo isto acompañado con xabarís, corzos ou cervos, lagartos e lagartixas ou morcegos, gabiáns, aguias, bufos, azores.

Tradición madeireira.

Para chegar desde Montederramo hai que dirixirse a Gabín, A Mogainza e tomar alí unha pista de terra.

Os bidueiros eran numerosos debido á utilidade da súa madeira, o que se proxectou no desenvolvemento da carpintería e ebanistería. Como exemplos podemos citar as ferramentas de labranza ou os zocos de Vilariño Frío.

Volver