Olería de Niñodaguia

No concello de Xunqueira de Espadanedo consérvase dentro dos traballos populares a artesanía de Niñodaguia, unha tradición de olería que comezou coa necesidade práctica da vida cotiá na realización de cacharros de barro para distintas aplicacións como a cociña e que hoxe por hoxe foi desprazada a un uso ornamental primordialmente adaptándose aos novos tempos.
Os artesáns elixen unha arxila propia da zona, de ton branco, que despois cobren cun peculiar verniz que dálle ás pezas unha cor amarelo ou alaranxado característico da cerámica de Niñodaguia.
