Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

San Estevo de Chouzan

Historia

Exterior da igrexa de San Estevo de ChouzanGrazas aos auspicios dos reis Alfonso VII e dona Berenguela este mosteiro foi reconstruído e repoboado con monxas benedictinas a partir do 30 de xuño de 1144. A doazón, por parte destes piadosos monarcas castellanoleoneses, á abadesa de Chouzán da herdade onde estaba construído o convento asegurou as rendas da comunidade. Fernando II confirmaba a doazón en 1182. Igrexa de antigo mosteiro datado na segunda metade do século XII, con reformas no XIV e XVIII e XX nos brazos da encrucillada, a fronte. No XX, coa construción do pantano de Vos Peares, trasládase do seu emprazamento orixinal e elimínanse os brazos da encrucillada e se engádelle o baptisterio, sancristía e unha estancia contigua.

Descrición

Interior da igrexa de San Estevo de ChouzanÁbsida de tramo rectangular e encabezamento semicircular con bóveda de canón. Arco triunfal de medio punto, arquivolta de aresta viva, gornición de flores e columnas e capiteis estilizados. No exterior a ábsida divídese en cinco partes por medio de catro columnas adosadas, que se corresponden con outras no interior. Os capiteis interiores son de motivos vexetais, e os exteriores figurados. No testero ten fiestras de arco apuntado. Ten canecillos con decoración antropomorfa, vexetal e xeométrica.

Volver