A Pobra, na comarca de Lemos e no Partido Xudicial de Monforte de Lemos, situase entre a Serra do Caurel e o val do Sil . A extraordinaria beleza paisaxística das terras de Brollón foi escenario de revoltas campesiñas (as mais coñecidas a revolta dos Guìmaros e a revolta de María castaña contra o Bispo de Lugo)e vida monástica. Hoxe aínda conserva bodegas tradicionais que elaboran un dos viños da Ribeira Sacra, estas bodegas atópanse na parroquia de Vilachà de Salvadur (feligresia do arciprestazgo de Monforte).
A ribeira do Sil

A franxa sur de Brollón está bendicida pola beleza paisaxística e a suavidade do clima sendo na zona occidental oceánico-continental e o este oceánico de montaña, froito da maior altitude. Estas condicións propician o cultivo de vides de probada calidade, facendo de Brollón unha subrexiòn vitivinícola dos viños da Ribeira Sacra. A vide xunto coa gandería son os principias motores económicos da zona.
O Concello da Pobra do Brollón está formado por 22 parroquias nas que se pode destacar a beleza e arte das súas igrexas. Digno de destacar tamén é a visita á parroquia de Vilachà, pois conta cun conxunto histórico-artístico de gran interese; existen antigas bodegas tradicionais de gran significado etnográfico, alí pódense degustar excelentes caldos acompañados da típica gastronomía da comarca.
Os Guímaros: orgullo de Brollón

A principios do século XV e estando estas terras baixo o señorío da Casa de Lemos, os veciños e campesiños da rexión iniciaron unha revolta coñecida como 'a dos Guímaros’. Esta contribuíu a crear unha forte conciencia veciñal na zona e segundo a lenda deu orixe ao piñeiro representado no escudo da vila, supostamente aquel ao redor do que os campesiños celebraban as súas asembleas.
Así mesmo, a tradición sinala a María Castaña como natural da parroquia de Cereixa, líder no século XIV das revoltas contra o Bispo de Lugo. Pola súa parte, a vila de Pobra de Brollón, obtivo a súa acta fundacional ou ‘carta de pobra´ de mans do rei Sancho o Bravo e do Emperador de Asturias, León e Galicia Fernando II
Gran parte da zona de A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte a que a principios do século XV os veciños protagonizaron a revolta dos Guìmaros ao negarse os veciños a pagar un tributo. Aquelas reunións facíanse baixo un piñeiro no Brollón, por iso é polo que o escudo recolle esta árbore. Esta revolta contribuíu a crear unha forte conciencia veciñal na zona.
Tamén a tradición fala de María Castaña, nacida na parroquia de Cereixa, como unha das líderes das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV.
A vila de Pobra de Brollón, obtivo a súa acta fundacional ou “carta de pobra” de mans do Rei Sancho o Bravo e do Emperador de Asturias, León e Galicia, Fernando II.
Patrimonio artístico

O patrimonio artístico municipal é de gran interese, tanto pola arquitectura relixiosa como pola civil. Entre a arquitectura relixiosa podemos destacar, entre outros, o templo de Lamaiglesia de 1788, a igrexa de Outara do século XV, a igrexa de Parada de Montes de finais do XIX (pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte), o templo de Pinel , as igrexas románicas de Ferreiros e Veiga (as máis importantes),etc. Na arquitectura civil podemos destacar os Castros como o de Santa (Castrosante), o de Alende (Cereixa), o de Lamaiglesia, O de Xunqueiro (Outara), o de Montecelo (Fornelas), o da Roda do Castro (Abrence), o Castro de Saà, o de Salcedo, etc.
Turismo Verde

Dende a oriental serra de A Trapa, porta da montañosa rexión de O Caurel, descenden numerosos cursos fluviais que forman ao seu paso pronunciados vales de especial beleza natural. Especialmente, os ríos Cabe e Lor ofrecen áreas de recreo e unha ampla gama de actividades lúdicas, coma o sendeirismo e a pesca. Merecen especial mención os merendeiros e mesóns do lugar, famosos polas troitas e anguías cobradas nesas mesmas augas,
A vila de Parada dos Montes, declarada conxunto monumental històrico-artìstico. A visita a este orixinal núcleo arquitectónico resulta máis que recomendable por tratarse dunha vila onde gran parte dos tellados das casas, feitos da prestixiosa pizarra da zona, están unidos entre si. Así, os teitos continuos forman corredoiras cubertas que ofrecen aos seus habitantes refuxio da choiva e da neve.
