Descrición artística

Situada á beira do río Miño temos a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño no concello de Paradela que na antigüidade foi un mosteiro e conserva a igrexa románica do século XII e o antigo convento que foi rehabilitado recentemente. A igrexa conta cunha soa nave na que se han recuperado pinturas murais hispano-flamencas de 1474, finalizada nunha ábsida semicircular.
As pinturas recuperadas representan a San Cristóbal, a San Sebastián e o seu martirio e imaxes da Virxe co Neno. O exterior e a antiga reitoral tamen foron recuperadas utilizándose actualmente como restaurante.
