Ribeira Sacra: Consorcio de Turismo.
Todo sobre o viño da Ribeira Sacra | Galego · Castellano · English

Bendilló

Ruta do aceite:

Nas terras de Quiroga e a cunca do río Sil, fanse patentes as peculiaridades bioclimáticas que permiten o cultivo da oliva. Nas últimas décadas decaeu considerabelmente a súa produción, aínda que na actualidade trátase de recuperar vellos oliveirais e crear novas plantacións de oliveiras nas localidades de Montefurado, Bendollo e Bendilló, en onde tamén atópanse as plantacións máis extensas de oliveiras.

A elaboración do aceite séguese facendo ao estilo tradicional polos olivareros de Quiroga.

A produción artesanal hoxe en día é moi baixa, apenas unhas decenas de litros. Noutros tempos, algúns veciños chegaban a producir ata 500 litros de aceite ao ano, o que supoñía importantes ingresos para a economía familiar. Destes artesanais muíños, xa só dous producen aceite de forma regular. Un atópase no pobo de Bendollo e o outro, restaurado en boa parte, nas proximidades de Bendilló.

Neste último muíño celébrase anualmente a Mostra do Aceite e atópase preto da chamada Capela dás Farrapas.

(Texto Asociacion Rio Lor)

Volver