Terra gandeira e vinícola

Carballedo é un importante enclave xerador de enerxía hidroeléctrica e potenciador dunha cabana gandeira que pula con forza polas razas autóctonas e as carnes da mellor calidade. As augas do Miño bañan estas terras onde se colleita algúns dos Viños da Ribeira Sacra. A zona do Embalse de Os Peares, o máis antigo de Galicia, ofrece unha vista espectacular d Miño e da súa confluencia co Sil.
Un paseo polo patrimonio sacro

Ligados ao esplendoroso pasado monástico da 'Rivoyra Sacrata', os antigos mosteiros ribereiños de Couzán e A Cova foron en tempos obxecto das donacións e favores de varios reis de Galicia. As súas igrexas están consideradas dúas xoias do románico galego. Declaradas monumentos nacionais, tiveron que ser trasladadas para non resultar somerxidas tras a construción do Embalse de Os Peares.
Protagonistas das convulsas revoltas campesiñas e burguesas dos Irmandiños son as Torres de San Román, na parroquia de Campos, e a Torre de Grixoa, na parroquia de Chouzán.
Testemuñas do primitivo poboamento distas terras son os diferentes conxuntos de dolmens e medorras descubertos ata agora, como a Medorra da Pastoriza en A Cova ou o chamado Monte dos Mounillos en Lousada. Entre a decena de castros, os de Buciños, o de Bearcos ou o de Murgade poden dar unha idea do importante asentamento celta na zona.
A aventura natural
En diferentes puntos da Serra do Faro, cumbres como Penedo dos Millos (1.041 m.) o Penas Grandes (1.106) posibilitan a realización de interesantes rutas de sendeirismo así como a práctica do parapente. Partindo das estribacións da serra, os rápidos e profundos cursos fluviais dos ríos Búbal e Fondós atravesan estas terras rodeados de típica vexetación rupícola como sauces, chopos ou bidueiros e constitúen un excelente entorno natural para o recreo e a pesca das mellores troitas.
Asómesmo, o potencial cinexético distas terras póñase de manifesto na existencia de diferentes e importantes cotos de caza menor, excelentes para a caza de especies como a perdiz, o coello e a lebre.
Merecen especial mención os espazos ecolóxicos das ribeiras do Búbal e as carballeiras de Cartelos, de gran interese naturista e paisaxístico, que constitúen magníficos cotos para a caza do raposo e do xabarís.
