Un monumento único en toda Galicia

O mosteiro e eremitorio de San Pedro de Rochas posúe un carácter especial entre todo o patrimonio galego. Por un lado, a súa orixe remontase aos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia. Por outra parte, resulta orixinalmente integrado no seu entorno, ao servirse dunha montaña como elemento condicionante de toda a súa estrutura.
O mosteiro data do año 573 e aparece estreitamente relacionado ao evanxelizador da época sueva San Martiño Dumiense. Por tanto, foi un dos primeiros da ‘Rivoyra Sacrata’ e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e un dos de Europa. En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico.
O singular conxunto de S. Pedro de Rochas consta de tres naves escavadas no interior dunha descomunal rocha do Monte Barbeirón. Pénsase tamén que a situación das tres naves no interior da xigantesca pedra resultou do aproveitamento de covas xa poboadas na antigüidade.
Características de notable orixinalidade son o seu campanario situado sobre unha pena exterior ou os seus arcos labrados nos mesmos muros. De valor incalculable son as súas representacións paleocristianas da Diáspora Apostólica e os seus famosos sarcófagos de forma antropoide, escavados na mesma rocha que serve de planta á edificación.
Tamén en Rochas encontramos o Pazo da Coutada, un dos máis interesantes e mellor conservados da comarca.
Terra de artesanía e oficios tradicionais

Xunto coa veciña Xunqueira de Espadañedo, Esgos é unha terra de alfareiros, concentrando a maior parte dos artesáns e tendas no Alto do Couso. Chamada ‘Alfarería de Niñodaguia’, amosa unhas características semellantes ás de Buño, Bonxe ou Mondoñedo, empregando o torno rápido de dúas pezas e un innovador proceso de vidriado da cerámica. As súas creacións abarcan dende diferentes figuras decorativas como hórreos cruceiros ata útiles de gran orixinalidade como cuncas, xerras, tarteiras, chocolateiras ou ataños para as queimadas.
Asómesmo, Esgos é terra por excelencia dos míticos afiadores, dos que queda algún adicado a este oficio na comarca e aínda recorda a súa propia xerga, o Barallete. Outros oficios tradicionais que floreceron en Esgos e que perviven en mans dos seus artesáns son os de zoqueiro, cerralleiro, baquilleiro, cesteiro, cordeiro e albardeiro, autor este último de aparellos relacionados coa monta a cabalo.
Tradicional nesta terra é tamén a elaboración de diferentes doces a base de castañas, que teñen o seu día grande na celebración dun gran Magosto a mediados de Novembro.
Oferta recreativa

Os arredores do mosteiro de Rochas resultan ideais para a práctica da escalada, mentres para a realización de rutas de sendeirismo es altamente recomendable a chamada ‘Ruta da Calzada Romana’, próxima á vila de Esgos e adecuadamente sinalizada.
