Imprimir y PDF

Paradela acolle a Cata de Calificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra

15/02/2019

As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e, nesta ocasión, o turno é para a subzona de Ribeiras do Miño. O pasado ano, a cita foi en Parada de Sil (subzona de Ribeiras do Sil), onde a colleita 2017 obtiña a valoración de EXCELENTE. Integran o panel de cata:

  • Antonio Raluy, membro da Asociación Galega de Catadores  
  • Mateo Seoane Corral, membro da Asociación Sumilleres de Gallaecia
  • Argimiro Levoso Touceda, membro da Asociación Galega de Enólogos
  • Jesús Rodríguez Carreiras, membro da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo "IES Sanxillao"
  • Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños
  • Luis Díaz Álvarez, xornalista especializado
  • José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • José María Martínez Matos, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Juan Angel Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Xesús Verao Pérez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

    O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova añada. A recollida de mostras véñena facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 8. O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A primeira cata de calificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde aquela, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, agás o pasado ano e no 2000, que foron “EXCELENTES”.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: