A Asemblea Xeral de CECRV destaca o papel vertebrador das DDOO no medio rural

03/04/2019

A XXIII Asemblea Xeral de CECRV, que reuniu a máis de 50 representantes de 31 denominacións de orixe, acordou as liñas de acción da organización nos próximos 12 meses. As ferramentas de diferenciación que as DDOO achegan aos operadores do sector e o seu papel transversal como xeradores de ecosistemas que benefician o posicionamento dos viños en segmentos de maior valor engadido, que atraen turismo e investimento e que fixan poboación ao medio rural, entre os eixos de traballo que guiarán a acción da organización no futuro máis inmediato.
A reunión serviu para poñer de manifesto o papel das denominacións de orixe como recursos endóxenos do territorio, como fonte de sustentabilidade socio-económica para a poboación do medio rural e como fonte e repartición de valor para os operadores. Tamén se puxo o foco nas tarefas de divulgación e formación que levará a cabo a Conferencia nos próximos meses, en base ao orzamento aprobado pola asociación, organizando diferentes eventos sobre o comercio online de viño como vía complementaria de comercialización, sobre a achega das DDOO ao medio rural desde o punto de vista socio-económico, cultural e medio ambiental e sobre a importancia das DDOO agroalimentarias en conxunto como patrimonio a protexer a nivel de rexión e a nivel de país.

Asemblea CECRV

A Asemblea permitiu tamén reforzar o rol que xoga a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas como canle de comunicación sectorial e ferramenta de difusión do concepto D.O. e dos valores ligados ao mesmo (a calidade, a importancia da orixe, o arraigamento cultural dos territorios, a seguridade alimentaria, un estilo de vida saudable, a diversidade…), así como tamén do viño como un produto natural, ligado á dieta mediterránea, considerado por lei como un alimento e vinculado a un estilo de vida saudable consumido con moderación. Para a Asemblea, é preocupante que en ocasións informacións infundadas cuestionen esas características vinculadas a un produto que é, ademais, un elemento diferenciador de país. Deuse tamén o banderazo de saída para a organización da terceira edición do Día Movemento Viño D.O., que terá lugar o 11 de maio en múltiples DDOO de todo o país.
CECRV integra na actualidade a 52 Consellos Reguladores, representativos de 54 denominacións de orixe vitivinícolas (os consellos reguladores de Xerez e Málaga o son tamén das D.O. Manzanilla e Serras de Málaga, respectivamente), máis do 80 % do total das denominacións de orixe vitivinícolas españolas e, en termos de comercialización, máis do 90% do volume de viño amparado por D.O., segundo os últimos datos dispoñibles publicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), referidos á campaña 2016/2017.

Foto de Familia

Segundo estes mesmos datos, CECRV agrupa a 3.574 adegas (o 88,48 % do total de adegas adscritas aos 69 D.O. do viño que existen hoxe en España), que comercializan 12.188.285 hl. de viño con D.O., a inmensa maioría do viño envasado con D.O. (98,46 %) que se comercializa no noso país, segundo os datos do MAPA.
As 54 Denominacións de Orixe membro da Conferencia integran a 109.383 viticultores (o 92,64% do total de viticultores adscritos aos 69 D.O.) e son titulares de 548.728 hectáreas de viñedo (o 95,69% do total de superficie adscrita ás D.O. e o 57,64% das 951.946 has. de viñedo en España).
CECRV forma parte tamén da European Federation of Origin Wines ( EFOW), xunto ás organizacións que representan a Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas do resto de grandes países produtores europeos (Francia, Italia e Portugal).    


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: