Imprimir y PDF

Segunda vez da D.O. Ribeira Sacra en Vinexpo Bordeaux

11/05/2019

Por solicitude dos compradores, Vinexpo adiantou a data do evento por 1 mes. O evento manterá o seu formato durante os catro días, nos que se terá a oportunidade de manter reunións e relacionarse cos principais actores do sector do viño no mundo. A participación na feira dá a oportunidade de contactar con expertos da industria dos diferentes países para impulsar as vendas e estimular o mercado internacional.   Compartirán stand a D.O. Ribeira Sacra, Rías Baixas e Valdeorras. No Túnel do Viño participarán 20 marcas de 9 adegas da D.O. Ribeira Sacra. As adegas participantes son:
• Adegas e Viñedos Vía Romana

  • • Bodegas de Rectoral de Amandi
  • • Bodegas de Santa María de Nogueira
  • • Grupo Peago • Regina Viarum
  • • Víctor Manuel Rodríguez López
  • • José Manuel Rodríguez González
  • • Spanish Wines by Carlos Rodríguez
  • • Tolo do Xisto  

O Túnel do Viño permite xerar un espazo común e exclusivo no que catar diferentes marcas da D.O. Ribeira Sacra. Trátase dun modo de dar a coñecer toda a variedade dos viños que se elaboran nesta Denominación. O visitante pode coñecer cada botella e cada viño que decide probar e dispón da súa respectiva ficha de cata.   A participación neste tipo de citas supón promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. no mercado internacional, de modo que as adegas que xa exportan, consolidan as súas vendas e as que aínda non o fan, teñen a oportunidade de abrir novos mercados.
Vinexpo conta cun elevado compoñente de imaxe, idónea para as empresas con boa distribución internacional e con produtos competitivos pola súa calidade. A participación na feira permite manterse ao tanto dos mercados en constante cambio para atopar as solucións adecuadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: