Imprimir y PDF

Inicio oficial de vendima

19/09/2018

O pleno do Consello Regulador ha decidido marcar como data recomendada para o inicio xeneralizado de vendima na Denominación de Orixe o 25 de setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro.  

O luns 27 de agosto, iniciábanse os controis de maduración nas viñas que permitiron determinar non só o estado da uva, senón tamén a data oficial para o inicio da vendima neste ano 2018.  
O 11 de setembro, o estado óptimo de madurez da uva nalgunhas parcelas da zona de Amandi fixo que Adega  Algueira empezase cos labores de recollida da uva, principalmente da variedade godello.  

A pesar dun ano marcado por unhas condicións climáticas non sempre favorables, a previsión é que a colleita deste ano rolde os seis millóns de quilos e sexa dunha calidade excelente.  

Ata o momento recolléronse un total de 19.953 kg dos cales 8.056 kg corresponden a variedade mencía, 1.144 kg a  merenzao, 10 kg a Garnacha, 6.261 kg a albariño, 360 kg a Dona Branca e 4.122 a godello.  

Nesta campaña está previsto que elaboren viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 95 adegas, das que 8 están a realizar tarefas de vendima nestes momentos.    

Os datos oficiais de recollida de uva iranse publicando diariamnete nesta mesma sección.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: