Imprimir y PDF

Novas

Cata na D.O. Ribeira Sacra para as Distincións Gallaecia

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra abría semana acollendo a cata para as Distincións Gallaecia, que organiza a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia.

Premiados da D.O. Ribeira Sacra en la XXXI Cata dos Viños de Galicia

A Consellería de Medio Rural, coa colaboración dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra, organiza a Cata dos Viños de Galicia, que este ano chegou á súa XXXI edición.

Os mellores viños da D.O. Ribeira Sacra reciben os seus premios

O Balneario de Augas Santas en Pantón foi o escenario escollido para celebrar a comida que daba o peche á XXV edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra.

67 mostras participan na XXV edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 4 e 5 de xullo, a Precata e Cata dos Viños de Ribeira Sacra.

A D.O. Ribeira Sacra, cita co “Mondial des Vins Extremes”, que organiza o CERVIM

O “Mondial des Vins Extremes”, que se celebrará no Val italiano de Aosta entre o 11 e o 13 de xullo, é o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, da que a D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes.

Os viños da D.O. Ribeira Sacra, viños de calidade para Estados Unidos

Durante o mes de maio, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra protagonizou catro masterclasses destinadas ao sector hostaleiro de EEUU, organizadas por The Guild of Sommeliers.

Finlandia e Estonia ven potencial nos viños da D.O. Ribeira Sacra nos seus países

A Misión Inversa Finlandia e Estonia que organiza o ICEX en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Helsinqui dedica dous días á D.O. Ribeira Sacra

Finlandia e Estonia interésanse polos viños da D.O. Ribeira Sacra

Este mércores 22 de maio, a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibe a visita dos participantes da Misión Inversa Finlandia e Estonia que organiza o ICEX en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Helsinqui.

A D.O. Ribeira Sacra aclara a situación xerada polo alcalde de Monforte ao redor do Festival do Viño da Ribeira Sacra

O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deu conta en rolda de prensa do programa do Consello Regulador para a promoción dos viños e traballar polo sector, participando este ano en Enofusión, Fitur, Xantar, Prowein, Vinis Terrae, Gourmets, Fenavin, Vinexpo e a London Wine Fair, precisamente mañá o Presidente viaxa a Londres para participar nesta última cita na que a D.O. Ribeira Sacra participa por primeira vez.

A D.O. Ribeira Sacra aposta polo mercado anglosaxón participando na London Wine Fair

Este ano, por primeira vez, a D.O. Ribeira Sacra participa na London Wine Fair, o evento de viños máis grande do Reino Unido e unha das citas internacionais máis importantes do sector, onde se dan cita máis de 14.000 viños de 32 países e conta coa asistencia de importadores e distribuidores de todo o mundo.

Segunda vez da D.O. Ribeira Sacra en Vinexpo Bordeaux

Vinexpo Bordeaux é unha das principais feiras do sector, exclusiva para profesionais do viño e bebidas espirituosas, que terá lugar do 13 ao 16 de maio do 2019 no Centro de Exposicións de Bordeaux.

A D.O. Ribeira Sacra celebra o terceiro Día Movemento Viño D.O. nun catamarán polo río Sil

O sábado, 11 de maio, ás 13.30 h. terá lugar o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se celebra un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. Miles de persoas participarán desde distintos puntos de España brindando cos viños da súa zona. Nesta terceira edición cóntase con récord de participación ao celebrar o brinde conxunto 29 Denominacións de Orixe.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.