As vides sitúanse en terrazas ou socalcos situadas na pendente da montaña, o que reduce as posibilidades de mecanización. Os socalcos teñen unha dobre función, suxeición do terreo e aproveitamento da calor.

Os chans son de orixe aluvial, sobre unha base de lousa. As cepas cultivadas en condicións extremas, sacan da terra o mellor dela, para alimentar os seus acios. Resultando un viño mineral, reflexo da terra na que se cultiva, da paisaxe, das súas xentes, da súa historia...

Poderiamos dicir que a vide é a figura materna do viño, e entón o clima representaría a figura paterna. Este factor é decisivo cada ano, e chega a conferir o carácter do viño resultante. Na Ribeira Sacra, dáse un microclima de orixe máis continental que atlántico, con longos e calorosos veráns e outonos mornos, falando dunhas precipitacións de 700 mm ao ano, e dunha temperatura media de 13.5 º.

Premios:
" />
Imprimir y PDF

Pumar Rodríguez, Rosa Mª

Pumar Rodríguez, Rosa Mª
 Salgueiros - Rozabales (Km 13.300 carretera Vilachá ?? Estación)) CP: 27413 Monforte de Lemos (Lugo)
Web
Email
 689 175 981

Persoa de contacto: Rosa María Pumar / José Aira

Localización: Subzona de Quiroga-Bibei

Superficie: 3 Hectáreas

Produción: 20.000 litros

Variedades de uva: Mencía

Linaxe de Lupián

San Mamed

San Mamed Tradición

Vertixe

Nesta Adega elaborouse viño artesanalmente durante xeracións, acolléndose á D.O. Ribeira Sacra en 1999. Aséntase sobre unha construción típica da zona, con paredes de pedra e cuberta de lousa. Está abeirada baixo as enormes ramas dun carballo centenario que lle achega sombra e temperatura constante durante todo o ano.

Conta con capacidade para 35.000 l. en depósitos de Aceiro Inoxidable, nos que se elabora viño tinto da variedade mencía. A Adega conta con viñedos propios, situados na Ribeira de "Val do Frade", Vilachá de Salvadur, Ribeira Sacra lucense.

As vides sitúanse en terrazas ou socalcos situadas na pendente da montaña, o que reduce as posibilidades de mecanización. Os socalcos teñen unha dobre función, suxeición do terreo e aproveitamento da calor.

Os chans son de orixe aluvial, sobre unha base de lousa. As cepas cultivadas en condicións extremas, sacan da terra o mellor dela, para alimentar os seus acios. Resultando un viño mineral, reflexo da terra na que se cultiva, da paisaxe, das súas xentes, da súa historia...

Poderiamos dicir que a vide é a figura materna do viño, e entón o clima representaría a figura paterna. Este factor é decisivo cada ano, e chega a conferir o carácter do viño resultante. Na Ribeira Sacra, dáse un microclima de orixe máis continental que atlántico, con longos e calorosos veráns e outonos mornos, falando dunhas precipitacións de 700 mm ao ano, e dunha temperatura media de 13.5 º.

Premios:

  • 2001 - Diploma Acreditativo "10º CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE MONTAÑA". Italia
  • 2003 - Diploma Acreditativo "12º CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE MONTAÑA". Italia
  • 2005 - Diploma Acreditativo "14º CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE MONTAÑA". Italia
  • 2006 - Segundo Premio VI CATA CONCURSO DE VIÑOS TINTOS GALEGOS DE SESTAO - BIZKAIA"
  • 2008 - Diploma Acreditativo "16º CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE MONTAÑA". Italia
  • 2008 - Primeiro Premio en tintos "XIV CATA DOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA".
  • 2008 - Acio de Prata de Cosechero Tinto " XX CATA DOS VIÑOS DE GALICIA".
  • 2009 - Segundo Premio Tintos " XV CATA DOUS VIÑOS DÁ RIBEIRA SACRA".
  • 2009 - Mención de Honra "17º CONCURSO INTERNACIONAL DE VIÑOS DE MONTAÑA". Italia
  • 2012 - Acio de bronce na" XIV "CATA "DOS VIÑOS" DE GALICIA"
  • 2012 - Gran Ouro Asociación Sumilleres Gallaecia
  • 2013 - Mellor tinto de Galicia “XV CATA DOS VIÑO DE GALICIA”

CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: