Imprimir y PDF

O Consello Regulador premia os mellores viños da Ribeira Sacra na XXIX Cata celebrada hoxe en Pantón

11/07/2025

Este venres 11 de xullo celebrouse a XXIX edición daCata dos Viños da Ribeira Sacra, organizada polo Consello Regulador, na que se recoñeceron os mellores viños tintos e brancos da colleita 2024, así como viños destacados doutras añadas. A entrega de premios tivo lugar ás 19:00 h no IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, no concello de Pantón.Participaron un total de21 adegas, con65 mostrasa concurso:

  • 21 viños tintos.
  • 18 viños brancos.
  • 26 viños doutras añadas.
O panel de cata, composto por sete expertos do Consello Regulador (Maira Ratón Fernández, Gelín Fernández, Bruno Lovelle, Rosa Domínguez Domínguez, Pablo Íbañez, José Felicíisimo Pereira Freijido, José Antonio Fernández Somoza) e presidido polo director técnico do Consello, valorou as mostras nunha cata a cegas realizada durante a mañá.Premios outorgados:
Viños Tintos (Colleita 2024):
  • Medalla de Ouro: Casa Moreiras – Bodega Casa Moreiras SL
  • Medalla de Prata: Prómine – Bodegas Petrón SL
  • Medalla de Bronce: Campaza – Bodega Casa Moreiras SL
Viños Brancos (Colleita 2024):
  • Medalla de Ouro: Viña Vella – S.A.T. Virxe dos Remedios
  • Medalla de Prata: Ponte da Boga – Adega Ponte da Boga SL
  • Medalla de Bronce: Peza do Rei – Adega Cachín SC
Viños doutras añadas:
  • Medalla de Ouro: 4ª Xeración (Mencía 2020) – Don Bernardino SL
  • Medalla de Ouro: 1904 Adega Vella (Godello barrica 2022) – Adega Vella Xeracións SL
  • Medalla de Ouro: Finca Millara (Mencía barrica 2022) – Finca Millara Bodegas e Viñedos SL
Cada viño premiado recibiu un trofeo artesanal elaborado por José Elías González Prieto, mestre oleiro de Gundivós, cuxa obra en barro simboliza a tradición e o arraigamento do viño na Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.