Imprimir y PDF

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha a vendima 2025 cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos.

15/10/2025

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a vendima 2025 o día 9 de outubro cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas. A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas, que acadan os 3.552.736 quilos, coa Mencía como variedade maioritaria. As uvas brancas suman 1.065.229 quilos, destacando o peso do Godello.Un ano máis, o Consello Regulador agradece o traballo do sector vitivinícola e reafirma o seu compromiso coa transparencia e a calidade. A campaña conclúe con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo e da singularidade da Ribeira Sacra.

  • Variedades tintas: 3.552.736 kg
    • Mencía: 3.194.480 kg
    • Garnacha: 91.284 kg
    • Brancellao: 75.155 kg
    • Merenzao: 49.889 kg
    • Caiño: 26.416 kg
    • Grao Negro: 790 kg
    • Mouratón: 7.454 kg
    • Sousón: 90.783 kg
    • Tempranillo: 16.485 kg

  • Variedades brancas: 1.065.229 kg
    • Albariño: 61.893 kg
    • Godello: 924.869 kg
    • Treixadura: 56.766 kg
    • Branco Lexitimo: 9.317 kg
    • Dona Branca: 8.637 kg
    • Loureira: 2.719 kg
    • Torrontés: 938 kg
    • Caiño Branco: 90 kg


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.