A D.O. Ribeira Sacra acada este ano as mellores cifras de exportación da súa historia			                
			                 
			                			                 
			                14/09/2022
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                        			             
                                        
                                                
                                        A partir do ano 2015 as cifras de exportación de viños da DO Ribeira Sacra comezan a ser importantes con 1.739,17hl. En 2018 superábase por primeira vez a barreira dos 2.000hl con 2.136,93hl. No 2019, ano previo á pandemia foron 1.629,84hl. A pesar das circunstancias no 2020 e no 2021 as cifras mantivéronse con 1.511,43hl e 1.901,65hl respectivamente. Na campaña 2022, as cifras de exportación chegan a 2.809,09hl.   Por países, as principais exportaciónsson a: 
- EEUU 1058,48hl
 - Noruega 224,59hl
 - Dinamarca 214,40hl
 - Reino Unido 200,87hl
 - Canadá 146,33hl
 - Suecia 136,84hl
 - Corea 90,29hl
 - Suiza 86,54hl
 - Alemania 70,53hl
 - Australia 60,73hl
 
 O 
Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, destaca o esforzo exportador das adegas e a importancia de participar nas feiras internacionais
, “para poder exportar o viño ben e estar aí necesitas, primeiro, que te coñezan e despois que teñas un nome de garantía. A imaxe é imprescindible”.    A 
nivel nacionala maior parte das vendas nesta campaña déronse nas seguintes comunidades: 
- Galicia 29.100,53hl
 - Madrid 1109,44hl
 - Cataluña 956,34hl
 - Valencia 635,10hl
 - Castilla y León 469,73hl
 
 En
 Galicia os datos de vendas mantéñense sen cambios significativos respecto ao 2019, antes da pandemia. Ourense é a provincia galega na que máis se vende viño da D.O. Ribeira Sacra, 12.490,48hl, seguida de Lugo, 6.865,31hl; A Coruña 5.343,51hl e Pontevedra, 3.452,51hl. 
“Consome máis noso viño a provincia de Ourense porque é unha provincia vitícola, ten 4 Denominacións e hai unha maior cultura de viño. A provincia de Lugo na parte norte estivo influenciada no mercado por viños doutras zonas. É unha cuestión cultural e unha realidade, hai un maior consumo dos nosos viños na metade sur de Galicia que no norte, e a nivel de España un maior consumo no norte que no sur”, sinala José Manuel Rodríguez.   
Cabe destacar que durante os dous anos da pandemia, 2020 e 2021 nas provincias nas que se atopa o territorio da D.O. aumentaron significativamente as vendas, superando en Lugo os 8.000hl e en Ourense os 16.000hl. 
“Houbo unha aposta maior polo mercado de proximidade, a xente apostou máis polo seu e iso fixo que houbese unha maior implantación dos produtos de cada territorio”, explica José Manuel Rodríguez.   
Sumando as vendas nacionais e de exportación, nesta campaña chégase a 36.494,01hl. (4.865.868 botellas). O 80% (+-) das vendas realizáronse en Galicia. En España, sen Galicia, representan un 13% (+-) e o 8% corresponde a exportación, a porcentaxe máis alta na historia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.