A D.O. Ribeira Sacra presente en Fenavin do 9 ao 11 de maio			                
			                 
			                			                 
			                08/05/2023
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                        			             
                                        
                                                
                                        A D.O. Ribeira Sacra participará na XII Feira Nacional do Viño que se celebrará en Ciudad Real do 9 ao 11 de maio. A D.O. Ribeira Sacra estará presente no stand da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:
- Adega Saínas
 - Dominio do Bibei SLU
 - EDV 2015
 - Moure Fernández, Rubén- Finca Cuarta
 - Ponte da Boga
 - Rectoral de Amandi. Bodegas Gallegas.
 - Ronsel do Sil
 - Terrazas de Outeiro
 - Viñas de Belesar
 
A D.O. Ribeira Sacra estará representada tamén no 
Túnel do Viño de Galicia que organiza
 AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, contando coa participación de Adegas Terrae S.L. e Adegas Petrón S.L. A participación en 
Fenavin supón a presenza da D.O. Ribeira Sacra nunha das citas máis importantes do sector en España coa asistencia de máis de 1.900 adegas e case 20.000 compradores nacionais e internaciones, profesionais do sector vitivinícola, enólogos, sumilleres, adegueiros, xornalistas especializados e medios de comunicación en xeral, así como outros expertos do mundo do viño. Nesta ocasión amplíase a superficie expositiva a 28.000 m2 para acoller este encontro de viño.