Imprimir y PDF

Cata e gala de entrega de premios aos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra os días 29 e 30 deste mes co lema: “Ribeira Sacra, proxecto común”

21/06/2023

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará os días 29 e 30 de xuño, a XXVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra e a súa gala de entrega de premios.

O día 29 terá lugar a pre-cata e o día 30 a cata final no Parador de Turismo de Monforte de Lemos; mentres que a gala de entrega de premios terá lugar o día 30 ás 14:00 h. no restaurante Bistró da cidade do Cabe.

Nesta ocasión participan 63 mostras de 26 adegas, 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas.

A cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra é un dos eventos máis destacados para promocionar os viños que se elaboran neste territorio. Este ano faise co lema “Ribeira Sacra, proxecto común”.

“A D.O. conseguiu situar os seus viños nos máis altos estándares de calidade grazas ao traballo conxunto de viticultores e adegueiros que contribuíron a crear e manter unha paisaxe que nos fai únicos no mundo, ademais de dinamizar e dar valor ao noso rural xerando un sector que impulsa o crecemento económico doutros sectores, por iso este territorio e os nosos viños son un proxecto de todos, un proxecto común”, asegura o presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

O certame establece tres categorías: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas entréganse 3 Medallas de Ouro, pola cantidade de mostras participantes nesta categoría.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra desprazaranse ás adegas participantes onde recollerán 3 mostras ao azar de cada viño de entre o stock da adega. Posteriormente un notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

O panel de cata intégrano

  • Luis Buitrón, representante da Asociación Galega de Enólogos.
  • Mercedes González, representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
  • Jorge Luis Mazaira, representante outras D.O. galegas
  • Luis Miguel López, representante outras D.O. galegas
  • Bibiana Guerra, representante Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)
  • Luis Díaz, representante prensa
  • Julio Ponce, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • José Felícisimo, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • Rosa Domínguez, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • Aarón Álvarez, representante Asociación Gallega de Sumilleres
  Os viños serán catados por categorías, comezando polos viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados na precata e que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas.   Na gala de entrega de premios que se celebrará no restaurante Bistró daranse a coñecer os que serán considerados como os mellores viños da Denominación Ribeira Sacra 2023, unha celebración que ten por obxecto a promoción dos viños da D.O. Ribeira Sacra e a posta en valor do traballo dos adegueiros e viticultores que integran a D.O.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.