A Adega Algueira da D.O. Ribeira Sacra, subzona de Amandi, vén de ser recoñecida na VIII edición del concurso International Change Industry Awards, como a Mellor Experiencia Enoturística de España, galardón que premia o achegamento do viño ao gran público.
Con estes antecedentes a adega é o lugar escollido para acoller unha charla coloquio que leva por título, “A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia”. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta cita que conta coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.
Así, o xoves, 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de identificar nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. O obxectivo é involucrar ás adegas na orientación cara un turismo de calidade centrado no enoturismo e identificar oportunidades de emprendemento neste sector.
A inscrición farase a través deste enlace. A actividade desenvolverase conforme ao seguinte programa:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España