Imprimir y PDF

O Consello Regulador da Ribeira Sacra participa no Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Copenhague

09/06/2025

O vindeiro 11 de xuño, os salóns do prestixioso restaurante TRIO (Axel Towers, Jernbanegade 11, 1609 Copenhague) acollerán por primeira vez en Dinamarca o Salón dos Viños e Augardentes de Galicia. Este evento está organizado por ACRUAGA (Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia), coa colaboración da Unión Española de Catadores.
O evento está dirixido a un público profesional do sector e busca dar a coñecer a calidade e diversidade das elaboracións vitivinícolas galegas, así como das augardentes e licores tradicionais, a través dunha mostra representativa das diferentes denominacións de orixe galegas.
Nesta ocasión, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará cunha ampla representación: 22 viños de 12 adegas, entre os que se atopan 6 viños brancos e 16 tintos, tanto viños novos como crianzas en barrica e viños de garda.
O Salón dos Viños e Augardentes de Galicia forma parte das accións de promoción exterior que ACRUAGA desenvolve con regularidade. En anos anteriores, o evento celebrouse en Londres (2024) e Ámsterdam (2022). A maiores, ACRUAGA promove accións formativas e encontros con profesionais do sector, como a visita do Master of Wine Pedro Ballesteros en xaneiro deste ano.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.