O Consello Regulador premia os mellores viños da Ribeira Sacra na XXIX Cata celebrada hoxe en Pantón			                
			                 
			                			                 
			                11/07/2025
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                                                                                            
                                                                    
                                            			             
                                        
                                                
                                        Este venres 11 de xullo celebrouse a XXIX edición daCata dos Viños da Ribeira Sacra, organizada polo Consello Regulador, na que se recoñeceron os mellores viños tintos e brancos da colleita 2024, así como viños destacados doutras añadas. A entrega de premios tivo lugar ás 19:00 h no IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, no concello de Pantón.Participaron un total de21 adegas, con65 mostrasa concurso:
- 21 viños tintos.
 - 18 viños brancos.
 - 26 viños doutras añadas.
 
O panel de cata, composto por sete expertos do Consello Regulador (Maira Ratón Fernández, Gelín Fernández, Bruno Lovelle, Rosa Domínguez Domínguez, Pablo Íbañez, José Felicíisimo Pereira Freijido, José Antonio Fernández Somoza) e presidido polo director técnico do Consello, valorou as mostras nunha cata a cegas realizada durante a mañá.Premios outorgados:
Viños Tintos (Colleita 2024):
- Medalla de Ouro: Casa Moreiras – Bodega Casa Moreiras SL
 - Medalla de Prata: Prómine – Bodegas Petrón SL
 - Medalla de Bronce: Campaza – Bodega Casa Moreiras SL
 
Viños Brancos (Colleita 2024):
- Medalla de Ouro: Viña Vella – S.A.T. Virxe dos Remedios
 - Medalla de Prata: Ponte da Boga – Adega Ponte da Boga SL
 - Medalla de Bronce: Peza do Rei – Adega Cachín SC
 
Viños doutras añadas:
- Medalla de Ouro: 4ª Xeración (Mencía 2020) – Don Bernardino SL
 - Medalla de Ouro: 1904 Adega Vella (Godello barrica 2022) – Adega Vella Xeracións SL
 - Medalla de Ouro: Finca Millara (Mencía barrica 2022) – Finca Millara Bodegas e Viñedos SL
 
Cada viño premiado recibiu un trofeo artesanal elaborado por José Elías González Prieto, mestre oleiro de Gundivós, cuxa obra en barro simboliza a tradición e o arraigamento do viño na Ribeira Sacra.