O pleno do C.R.D.O.R.S. reunÃase onte pola tarde para fixar a data de inicio oficial da vendima na Denominación. Tendo como base os datos dos controis de maduración que se veñen efectuando dende finais de agosto, determinouse que a data para o inicio da vendima fose o dÃa 17 de setembro, adiantándose unha semana con respecto á pasada campaña.
Independientemente da data oficial para a vendima, algunhas adegas comenzaron xa na pasada semana a pedir permisos puntuais para iniciar os traballos. Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil e Amandi foron as encargadas de abrir a vendima na D.O.
Nesta campaña elaborarán 96 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores contratados para a ocasión, ademáis dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica do Consello.
A dÃa 14 de setembro 16 adegas tiñan comenzado a vendima.
Lévase recollido por variedades:
Variedade       Quilos de uva
MENCIA                 91.017
BRANCELLAO               60  
MERENZAO             1.570     
GARNACHA                630  
ALBARIÃ?O               9.410     
DONA BRANCA        1.592    
GODELLO              22.700   
LOUREIRA                  404
TORRONTES            1.417
TREIXADURA              360
Total                  129.160
      
A previsión inicial é rondar o 5 millóns de quilos de uva. En todo caso queda un mes de traballo por diante e a climatoloxÃa será a que teña a última palabra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España