A D.O. Ribeira Sacra celebrou a cata de cualificación da colleita 2009. O escenario da cata foi a casa consistorial de A Peroxa na subzona de Chantada. Durante unha hora o panel de cata, composto por 10 catadores, valorou 11 mostras de viño, 10 deles mencía e un plurivarietal. As mostras recóllense por subzona, de modo que en cada subzona recóllense mostras dunha adega de moita produción e mostras dunha adega de pouca produción. 
O panel de cata estaba formado por: 
Eugenio Rodríguez Suárez, da Asociación de Sumilleres Gallaecia 
Pablo Vidal Rodríguez, da Asociación Galega de Catadores 
José Antonio Portela Sánchez, da Asociación Galega de Sumilleres 
Mikel Ceberio Aguirre, da Asociación de Sumilleres de Navarra 
Waldo Carreiras Albo, Xefe de Servizo de Promoción Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural 
Bartolomé Sánchez Martínez, xornalista gastronómico 
José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura 
Luís Díaz Álvarez, xornalista 
José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S. 
Mar Vilanova De la Torre, da Misión Biolóxica de Galicia 
Algúns dos catadores ofreceron as seguintes valoracións: 
??Os viños de Ribeira Sacra teñen un equilibrio e delicadeza que non hai noutras D.O. Teñen todas as potencialidades necesarias, son viños diferentes que en canto se coñezan un pouco máis todo o mundo os vai a pedir. Hai que seguir por este camiño.? ( Bartolomé Sánchez) 
??Son viños moi persoais, pola climatoloxía, os chans,?as particularidades deste territorio. Este ano os viños teñen boa complexidade aromática, bocas diversas e as mellores maduracións dos últimos anos.? (Pablo Vidal Rodríguez) 
??A pesar da climatoloxía do ano pasado os viños son bos, frescos. Coa tendencia que está tendo a Denominación nos últimos anos, os viños de Ribeira Sacra xeran expectativas porque cada vez se espera máis deles.? (José Antonio Portela) 
??Son produto desta terra, viños exclusivos, únicos que só se poden facer aquí. Viños homoxéneos, de boca moi ben estruturados,... e melloran de ano en ano.? (José Luís Hernáez Mañas) 
As catas de cualificación na D.O.R.S. comezáronse a facer desde o inicio da mesma, no 1996. A cata de cualificación correspondente a esta colleita tivo como esceario Monforte (subzona de Amandi) e a cualificación obtida foi BOA, desde entón foise evolucionando cada ano. A cata de cualificación da colleita 2008 deu como resultado MOI BOA. 
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España