A “Irmandade dos Centros Galegos en Euskadi” organizou este ano a XIX Cata Concurso de “Viños Tintos Galegos”, que se celebrou en Sestao durante os actos do XXXIV Día de Galicia en Euskadi. 
 O xurado formado por membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres - Euskadiko Sumillerren Elcartea, deulle o primeiro e terceiro posto a dous viños da D.O. Ribeira Sacra. 
 Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear é o primeiro clasificado e o terceiro, Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras. 
 O segundo clasificado e o accésit vanse respectivamente para Rías Baixas e Valdeorras. A D.O. Ribeira Sacra presentara a este concurso 14 mostras pertencentes a 9 adegas. 
 Os viños con D.O. Ribeira Sacra continúan obtendo importantes recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional e colleitando éxitos nunha progresión constante, como resultado do traballo común dun colectivo formado por viticultores e adegueiros aos que se suman as políticas de promoción, control e mellora de calidade levadas a cabo polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España