Imprimir y PDF

Entrega de premios da XVI Cata-Concurso "Viños Tintos Galegos"

31/08/2016

A sede do Consello Regualdor D.Ou. Ribeira Sacra hasido o escenario para a entrega de premios da XVI Cata-Concurso de "VIÑOS TINTOS GALEGOS" celebrada en Bilbao o pasado 18 de xuño con motivo do XXXI Día de Galicia en Euskadi, organizado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.  
Nesta cata-concurso na que participaron viños de todas as denominacións de orixe galegas, tres adegas de Ribeira Sacra obtiveron os tres premios que se conceden.

Os viños premiados nesta edición na que Ribeira Sacra acaparou todos os galardóns son:  

PRIMEIRO PREMIO: ADEGA VELLA  Mencía 2015 da adega Jorge Feijoo González da Teixeira (Ourense)  

SEGUNDO PREMIO: ALBARDUXE Mencía 2015 da adega Albarduxe S.C. de Chantada (Lugo)  

TERCEIRO PREMIO: PORVIDE Mencía 2015 da adega Aceiroga S.L. de Quiroga (Lugo)  

A cata-concurso que se celebra cada ano no País Vasco ha estado dirixida e organizada pola Asociación de Catadoras de Euskadi.

Na entrega de premios estiveron presentes dous membros da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi: D. José David Fidalgo como Secretario da Cata e Juan José Flores, Presidente do Centro Galego de Eibar;  e o presidente da D. Ou. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González así como representantes das tres adegas premiadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: