Imprimir y PDF

A Colleita de 2016 foi cualificada como Moi Boa

24/02/2017

Na Casa Grande de Rosende do concello de Sober (Lugo), pertencente á subzona de Amandi, tivo lugar a Cata de Cualificación da Colleita de 2016 de Ribeira Sacra.
Os expertos catadores que proceden de diferentes organismos e asociacións de Galicia e do resto de España, outorgaron unha puntación de 7,5 cualificando así a colleita de 2016 de MOI BOA.
Esta cualificación de Moi Boa para a colleita de 2016 de Ribeira Sacra é unha gran noticia para o conxunto de adegas que forman a denominación de orixe e enxalza a calidade dos viños que se elaboran baixo o amparo da denominación de orixe Ribeira Sacra; confirmando así o bo facer das adegas e viticultores que integran a denominación de orixe.

O Panel de Cata estivo formado por nove catadores:

  • José María Martínez Alonso: Membro do Panel de Cata del Consello Regulador
  • Alfonso Losada Quiroga: Experto en viticultura y enoloxía
  • Juan Á. Fernández Martínez: Membro do Panel de Cata del Consello Regulador
  • Mikel Ceberio: Asociación de Sumilleres de Navarra
  • Antonio Raluy Rodríguez: Membro do Panel de Cata del Consello Regulador
  • Jose Seoane: Periodista especializado
  • Iria Otero Mazoy: Asociación de Sumillleres Gallaecia
  • José Ángel Lamas Peteiro: Asociación Vitislucus – Expertos en Ánalisis Sensorial
  • Maribel Gómez Soriano: Asociación Gallega de Enólogos

Os comentarios dos catadores que formaron parte do Panel de Cata foron moi positivos, e auguran un gran futuro aos viños desta colleita. Un dos integrantes do Panel de Cata, Mikel Ceberio, membro da Asociación de Catadoras de Navarra, destaca que puido catar viños xa moi ben terminados, listos para ser consumidos; moi ben elaborados e completos.

A recollida de mostras para esta Cata de Cualificación de Colleita comezou o pasado 9 de febreiro polos técnicos do Consello Regulador, que recolleron un total de dez mostras de dez adegas diferentes, dúas por cada unha das cinco subzonas que integran a denominación orixe Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: