Imprimir y PDF

Brinde virtual Día Movemento Viño DO con viños da D.O. Ribeira Sacra

05/05/2020

O calendario do sector do viño con D.O. en España tiña unha cita este sábado, 9 de maio, co brinde do #DíaMovementoViñoDO. Sería o cuarto ano que se celebra este brinde colectivo pero a crise sanitaria impide a súa celebración presencial como en anos anteriores. 

Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra quixemos manter esta cita polo que significa de posta en valor dos nosos viños e do traballo que denominacións de orixe, viticultores e adegas desenvolvemos na conservación e mantemento dos nosos territorios e do noso tecido económico. 

O C.R.D.O.R.S. propón unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O. Do 6 ao 13 de maio queremos compartir este brinde colectivo e animámosvos a enviarnos as vosas fotos, brindando con viño da D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes e poñer en valor o traballo dos nosos viticultores e adegueiros. As fotos máis votadas recibirán premios que farán gozar aos seus autores das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible.




Participar e Premios

Para participar só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o día 6 e as 23.59 do día 13 de maio. As fotos que deben de incluir brinde e botella de viño dunha marca da D.O. Ribeira Sacra publicaranse no Facebook da D.O. Ribeira Sacra cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS. As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban antes das 23.59 do día 13 de maio obterán premio. O sábado, 16 de maio, publicaranse os gañadores, que recibirán os seus premios en canto as circunstancias permitan gozar do enoturismo na Ruta do Viño de Ribeira Sacra. 

Así os premios serán para dúas persoas: 

  • Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra
  • Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra.
  • Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: